Educación

O PP quere manter un “vínculo permanente” coa comunidade educativa e activar o Consello escolar Municipal

By 10 Xullo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo con representantes dos equipos directivos centros de educación infantil, primaria e secundaria.

 

Neste encontro a voceira do Grupo Popular, Elena Candia, e o concelleiro popular Javier Vázquez fixeron unha primera toma de contacto cos representantes da comunidade educativa.

 

A voceira do PP anunciou que manterán “unha relación permanente durante os próximos catro anos cos equipos directivos así como coas AMPAS”. Tamén lles trasladou que teñen previsto visitar, a partir do mes de setembro de forma individual, cada un dos centros escolares “para estar ao tanto das demandas co fin de poder trasladalar ás administracións competentes os asuntos que preocupan e que lles afectan”.

 

CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

 

Pola súa banda o concelleiro popular Javier Vázquez explicou que pedirán ao goberno local que active o Consello Escolar Municipal que no pasado mandato tan só se reuniu dúas veces, unha ao comezo e outra un mes antes das eleccións.

 

“Cremos que este é o foro axeitado para expoñer, debatir e buscar solucións a problemáticas deste colectivo e tamén somos da opinión de que hai que convocalo mínimo dúas veces ao ano” aclaraba o edil responsable da área de educación.

 

INVESTIMENTOS XUNTA CENTROS EDUCATIVOS

 

Os populares lembran que nos últimos orzamentos da Xunta Lugo foi a cidade con maior investimento de Galicia en materia educativa, con 12 millóns de euros en proxectos como as rehabilitacións integrais da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, o colexio Paradai, os institutos Anxel Fole, Lucus Augusti e Ollos Grandes, ou a construción dun centro de biomasa que dará servizo ao complexo educativo desta zona da cidade, que dará servizo á mazá educativa no que se sitúan estes centros, ademais do CIFP Politécnico, a Facultade de Formación do Profesorado e o colexio Anexa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies