Agustín Gallego: “con esta proposta evitaríase que PSOE e BNG, baixo o paraugas de humanizar a cidade, sigan esparcindo esculturas a golpe de impulsos, elixindo a dedo aos autores, as ubicacións e os conceptos das homenaxes”
30 AGOSTO 2024
- Dende o Grupo Popular solicitamos que se cree unha comisión técnica con representantes do mundo das artes, letras e cultura analice as propostas que chegan ao Concello de diferentes colectivos e dos propios grupos políticos para colocar esculturas en espacios públicos de Lugo.
- Agustín Gallego explicaba que “é necesario buscar fórmulas que eviten discrecionalidades ou comportamentos arbitrarios na selección dos posibles candidatos a facer as obras na nosa cidade. Debemos buscar pezas que sexan elementos diferenciadores e simbólicos de Lugo e non presentalas como un mero mobiliario urbano para humanizar”.
- Podemos repasar algunhas obras como a escultura ao cantautor madrileño Javier Krahe que costou 33.000 € ou a que moitos lucenses denominan como Paseo de las Lápidas que hai na Praza Maior cuia estética foi moi cuestionada.
- A forma de proceder do goberno municipal orixina duplicidade de gastos xa que os dous partidos que o conforman xeneran xestións paralelas que asumen gastos polos mesmos conceptos ou moi similares.
- Por último o popular reclama un inventario específico do patrimonio escultórico que ten Lugo así como un correcto mantemento e conservación de pezas de escultores como Manuel Mallo, Juan Puchades, Paco Pestana, Víctor Corral, Villapol Parapar ou Juan Vila