ConsumoEconomíaServizos xeraisTransparencia

O PP propón un plan de choque que reactive a economía local, tralo estado de alarma, valorado en 3 M€ que beneficiará a 600 negocios

By 6 Abril, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide asegura que “somos conscientes que os negocios que pecharon as súas portas terán que pelexar duro para volver a abrilas cando remate esta crise sanitaria” e explica que “as liñas de apoio deste plan de consolidación e apoio ao emprendemento podería financiarse co remanente de tesourería municipal e co superávit do exercicio”

O Partido Popular propón activar unha nova liña de axudas e financiamento para axudar a autónomos e comerciantes xa que “unha vez que pase esta crise sanitaria moitos deles poderían ter dificultades para reabrir o seu negocio”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide propón estudar a posibilidade de establecer axudas directas a autónomos e empresas para abrir de novo os seus negocios, pero moi especialmente a emprendedores para, unha vez que todo volva á normalidade, se poidan recuperar locais baleiros tanto no Casco Histórico de Lugo como no resto dos barrios.
A idea deste plan de choque é crear unha liña de axudas municipais para subvencionar unha contía máxima do aluguer dos locais comerciais (comercio ao por menor ou empresas de servizos, e incluso iniciativas de produción ou transformación).

Ameijide detallaba esta e outras propostas deste plan de choque para a consolidación de negocios e apoio ao emprendemento para reactivar a economía local, destinadas tanto á negocios existentes como a emprendedores:

– Achegas para o pago do contrato de aluguer. As aportacións económicas as determinará o concello para cada casuística e  poderían chegar ao 50% do aluguer mensual”.

– Axudas para a reforma, acondicionamento e mobiliario xa que non son é preciso a axuda ao aluguer, ben porque o emprendedor ten local en propiedade, ou ben porque pode desenvolver  a actividade dende o seu domicilio… pero sempre son necesarias obras e mercar equipamento

– Exencións de impostos e taxas  municipales: gastos como o de licenza de obras, obras menores, licenza de actividades… non deberían ser un lastre para estos novos emprendedores…

– Negociar con entidades bancarias que traballan co concello préstamos con condicións vantaxosas para os emprendedores locais e para o financiamento necesario para a consolidación dos negocios existentes e o mantemento dos empregos.

– Crear un servizo de asesoramento para o emprendedor (con persoal do CEI Nodus, e doutras áreas municipais así como expretos alleos á administración) para tutorizar e acompañar estos proxectos dende o concello, para que os emprendedores e os comercios ou empresas que sufran esta crise, conten co asesoramento de profesionais nos seus negocios.

– Posta en marcha dunha bolsa de mentores e profesionais de diversos ámbitos (comercio, hostalería, industria, mecánica, economía, finanzas, avogados………) que asesoren de xeitoprofesional en diversas materias ao emprendedor. Esta bolsa pode ser de voluntarios ou subcontratar profesionais… en servicios financeiros, xuristas, arquitectura….)

– Axudas para  a dixitalización dos negocios  investimento en publicidade, posicionamento en web, RRSS e comercio

Os populares suxiren que o goberno local habilite unha partida de 3M€ e matiza que se poderían ofrecer achegas a fondo perdido de 5000 euros por proxecto co que se podería axudar a 600 emprendedores e plantexa que en casos especiais as axudas poderían ascender aos 15.000 euros en función dos postos de traballo xerados, innovación …. É preciso que unha parte destes 3 millóns se reserve unha parte para rescate de negocios e mantemento dos empregos que se poden destruir.

Ameijide afirmou que “nesta crise unha das prioridades debe ser axudar a autónomos e PEMES  xa que moitos, desgrazamente poderían ter que botar o peche definitivo”. “Por este motivo é preciso deseñar un plan de choque para reactivar a economía cando pase esta crise e tamén o consumo. “Somos conscientes que os negocios que pecharon as súas portas terán que pelexar duro para volver a abrilas e, por este motivo, presentamos esta proposta”, engadiu.

Nese senso tamén solicita que se potencie, con reunións periódicas da  Mesa Local de Comercio para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas cos representantes do comercio, coa CEL, autónomos, hostalaría …

Responder

4 × four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies