AccesibilidadMobilidadeTráfico

O PP propón crear prazas de estacionamento exprés próximas ás farmacias

By 16 Abril, 2024Sin comentarios

“Tratase dunha petición, viable dende o punto de vista legal,  que facilitará á cidadanía a compra de medicamentos de forma rápida” recalcando que “coas  dificultades de estacionamento que hai en certas zonas da cidade a veciñanza precisa de solucións para garantir o acceso as farmacias”

 

ABRIL DE 2024

 

·        O Grupo Municipal presenta unha iniciativa a pleno para que se realicen os trámites precisos para reservar prazas de estacionamento “áxiles” nas inmediacións das oficinas de farmacia da cidade.

·        Os populares explican que “a permanencia do vehículo nestas prazas exprés se limitaría ao tempo que levase a compra do medicamento” engadindo que “deste xeito se resolvería o problema das persoas que acuden con urxencia a unha farmacia e non atopan espazo onde deixar o seu vehículo”.

·        A petición dos populares está avalada pola lexislación vixente, en concreto na Ley 3/2019 de ordenación farmacéutica de Galicia que no seu artigo 13 establece que as oficinas de farmacia son “establecementos sanitarios privados de interese público integrado na atención primaria” e no 16 que “terán acceso directo, libre e permanente dende a vía pública ou dende zonas de uso colectivo á zona de dispensación e atención ás persoas usuarias”.

·        No RD 1056/2014, que regula o uso das tarxetas para persoas con discapacidade, establece, na súa disposición adicional segunda, que se reservarán prazas en servizos e establecementos sanitarios (este concepto inclúe ás farmacias).

·        Se a isto lle engadimos que a Constitución Española recoñece “o dereito á protección da saúde e determina que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios”, queda xustificado que o Concello de Lugo debe establecer os medios precisos para facilitar o aparcamento nas inmediacións das oficinas de farmacia.

·        Os populares explican que das 48 oficinas de farmacia distribuídas ao longo da cidade hai algunhas onde é moi complicado estacionar como por exemplo no barrio da residencia; avenida Ramón Ferreiro; da Coruña ou no barrio da Milagrosa, entre outros

 Outras peticións

 

  • Na xuntanza co Colexio de Farmacéuticos a directiva referiuse á necesidade de contar cun interlocutor no concello para os colexiados poidan colaborar en cuestións relacionadas con problemáticas relacionadas con servizos sociais como pode ser a detección de casos de persoas que sufren soidade non desexada. Tamén reclamaron que puideran formar parte de diferentes órganos de participación como pode ser o Consello Económico e Social.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies