Urbanismo

O PP prevé o colapso do tráfico no casco histórico e ponse a disposición de veciños, comerciantes e hostaleiros para asesorar e axudar na tramitación de reclamacións

By 11 Abril, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide pregunta a Lara Méndez que vai a pasar cando, dentro dunhas semanas, os negocios e comercios afectados polas obras vexan como se baixou a súa facturación froito da improvisación de PSOE e BNG nestas obras de peonalizazión

As obras de peonalización do casco histórico causaron un fondo malestar entre veciños, comerciantes e hostaleiros da zona tras ver como o plan de tráfico aínda non está pechado (tal e como confirmou a propia alcaldesa) pero que “o plan deseñado ata o momento propón a entrada e paso de miles de vehículos e peóns pola Rúa Nova dende a Ronda da Muralla”.

Antonio Ameijide denuncia que “as obras comezarán de xeito inminente” e non se deu participación algunha aos veciños e comerciantes afectados, polo que dende o Partido Popular “poñémonos a disposición dos afectados para explicarlle o proxecto de peonalización e o plan de tráfico, ademais de axudar a tramitar as reclamacións que estimen oportunas” pola mala planificación da alcaldesa de Lugo.

Para os populares “é un despropósito” o plan de tráfico proposto por Lara Méndez. “Levan meses planificando estas obras e foron incapaces de planificar un plan de tráfico adecuado” que, segundo as estimacións dos populares podería pasar por “facer a Praza do Ferrol de dobre sentido de circulación ou non programar obras á vez que illa o casco histórico e de entrada e saída mentres se realizan as obras das rúas Montevideo e Bolaño Rivadeneira”.

Agora, o que vai conseguir a alcaldesa, co beneplácito de Rubén Arroxo, é que pola Rúa Nova, unha vía pola que camiñan miles de persoas a diario, agora haxa miles de vehículos circulando cada día por unha rúa que ten un ancho de entre 5 e 6 metros.

Explican dende o Grupo Popular que hai 24 anos que deixaron de pasar vehículos pola Rúa Nova e agora volven a canalizar tráfico por esta rúa, o que demostra que “non se poden levantar ao mesmo tempo a Praza do Ferrol e Montevideo e Bolaño Rivadeneira sen xerar perigo”.

Con este plan proposto e defendido por Lara Méndez o que vai a conseguir é bloquear a Rúa Nova, xerar situación de moito perigo para peóns e condutores, moitos problemas nos accesos aos aparcadoiros públicos e privados e bloquear un colexio, un instituto, comercios e negocios, un centro de saúde e un hospital.

Un plan “moi deficiente” ao que o PP pedirá acceso xa que “queremos ver como van a canalizar o tráfico segundo avance a obra xa que, por exemplo, cando se avance no treito de Montevideo onde van a dar a volta os vehículos?”.

Unhas obras que temen os populares xeren moitos problemas, caos e inseguridade e pregunta ao goberno de Lara Méndez que vai a pasar cando dentro dunha semanas os negocios e comercios vexan como se resinte a súa facturación “froito da improvisación de PSOE e BNG”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies