#FacendocidadeAccesibilidadUrbanismo

O PP presenta unha solución técnica para salvar dous tramos de escaleiras que dificultan a entrada ao nº16 da rúa Sagrado Corazón onde residen 21 familias

By 12 Xullo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular presentou á veciñanza que reside no número 16 da rúa Sagrado Corazón unha proposta para mellorar a accesibilidade ao seu portal que está ubicado nun vial que comunica as rúas do Sagrado Corazón e Fontaneira, a vía que linda co peche do antigo colexio do barrio e que ten varios tramos de escaleiras antes de chegar á entrada principal dun edificio onde residen 21 familias.

Para facer a intervención é preciso levar a cabo unha segregación da parcela e a posterior cesión ao Concello do vial que, segundo figura no PXOM, é vía pública e comunica dúas rúas. Deste xeito, a administración local asumiría a execución de dúas rampas para eliminar as barreiras arquitectónicas que hai na actualidade no paso e que se podería financiar a obra con cargo á partida anual para obras de accesibilidade.

De rexeitar esta alternativa os veciños do edificio afectado terían que asumir os gastos do proxecto para facer rampas nos tramos das escaleiras e tramitar axudas da administración autonómica que financia ata o 60% do importe total.

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia e o concelleiro Ramón Cabarcos participaron neste encontro promovido pola Asociación veciñal do Sagrado Corazón e coincidiron coa veciñanza na necesidade de facer unha intervención neste punto “para facilitar o tránsito dos peóns que utilizan esta zona para atravesar dun lado a outro do barrio xa que este paso comunica a rúa Sagrado Corazón coa rúa Fontaneira”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies