CulturaFestas

O PP presenta unha iniciativa para que o bipartito cumpra os compromisos adquiridos para recuperar a Banda Municipal

By 14 Setembro, 2023Sin comentarios
  • A voceira popular escolleu o templete da Praza Maior para presentar a iniciativa que elevarán ao pleno para recuperar a Banda Municipal “para a cidadanía este espazo identifícase cos concertos que tradicionalmente facía a banda, unha agrupación musical que forma parte do patrimonio cultural de Lugo”

 

  • Os populares afirman que non se pode agardar máis para solucionar o futuro da agrupación xa que neste momento hai 17 músicos e senón se toman medidas en cinco anos a formación, coas xubilacións que se prevén, quedará en 12 compoñentes

 

  • Dende o Grupo Popular lamentan “o desprezo que demostran o PSOE e o BNG cos músicos da Banda Municipal: primeiro porque a desmantelaron sen ningún tipo de contemplacións; segundo porque desprezan aos músicos e non se lles recoñece a categoría na que deberían estar xa que compaxinan a media xornada coa docencia na Escola de Música e, en terceiro lugar, pola falta de vontade política de impulsar esta agrupación (dende 2019 non fixeron ningún investimento nin na banda nin na Escola de Música)

 

  • Hai que lembrar que a Banda de Música leva sen director dende o ano 2016 polo que durante ás mañás os músicos que están obrigados a ir a ensaiar ao non ter director non poden practicar polo que se desperdicia un talento de forma absurda e se paga a un pesoal por non facer nada

 

A NOSA PROPOSTA

 

A voceira popular Elena Candia xunto cos concelleiros Javier Vázquez e Gustavo Díaz visitaban hai uns días o local onde ensaian os músicos da banda e alí puideron comprobar, en primeira persoa, a desmotivación do persoal da banda  que se viu obrigado a ir a xustiza para reclamar os seus dereitos.

 

– Que se de cumprimento ao acordo de pleno de decembro de 2022 de modificar a RPT en relación aos postos de traballo dos músicos con funcións docentes que teñen a titulación necesaria para encadrase na categoría C1

 

– Que mentres non se realice este cambio se lles pague, de forma transitoria, un complemento salarial pola docencia que realizan na Escola de Música municipal

 

– Que se inicien os trámites e que se lle poña riba da mesa unha oferta atractiva ao director da Banda, que pediu unha excedencia para ir a Santiago como director da Banda e cuxo contrato en Santiago remata o vindeiro 13 de outubro.

 

– Tamén se propón aumentar de forma progresiva aos músicos do cadro de persoal ata chegar a un mínimo necesario de profesionais

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies