
Os populares anuncian que pedirán unha dotación específica nos orzamentos de 2026 de 367.000 € para esta intervención e tamén unha partida necesaria para facer actuacións urxentes na Ponte Romana, que está abandonada, pendiente de reparación e sen iluminación
O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo levará ao Pleno unha iniciativa para que o goberno local inclúa nos orzamentos municipais de 2026 “unha partida específica destinada á construción dunha beirarrúa segura que conecte o barrio da Ponte co cemiterio de San Froilán, atendendo a unha demanda histórica da veciñanza”.
A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, xunto co vicevocerio Ramón Cabarcos, presentou a veciños do barrio a proposta gráfica desta actuación. A iniciativa céntrase no treito comprendido entre o cruce de As Regas – Rego do Espiño, cunha lonxitude aproximada de 1.250 metros.
O documento técnico, explicado polo concelleiro Ramón Cabarcos, contempla a execución dunha soa beirarrúa sobre unha das actuais cunetas de terra, cun ancho medio de dous metros. O investimento estimado ascende a 366.952 euros.
Desde o Partido Popular deféndese que esta actuación é unha cuestión de seguridade, así como de mellora dunha das entradas a Lugo que recuperou tráfico dende que se fixo un novo acceso á A-54 (Lugo/Santiago)
Maltrato do Patrimonio do barrio
Os populares tamén solicitarán unha partida específica para a reparación das pedras desprendidas dos tajamares da PONTE ROMANA, un problema coñecido dende hai hai anos, e ao que o goberno local segue sen dárlle resposta. Lembran como nos orzamentos de 2025 incluíuse unha partida xenérica da que o PSOE e o BNG aseguraron que sairían os fondos necesarios para acometer esta obra no pasado verán, despois de comprometerse previamente a deixala rematada no verán de 2024. A realidade é que, imos camino do verán de 2026, e non fixeron esta intervención.
O abandono do barrio non remata aí. A Ponte Romana tamén leva anos sen iluminación ornamental, unha situación incomprensible nun elemento patrimonial e simbólico da cidade, que debería estar coidado, mantido e posto en valor.
OUTRAS DEMANDAS DA VECIÑANZA
No encontro cos veciños da Estrada Vella de Santiago tamén se recolleron outras necesidades urxentes, na súa maioría relacionadas coa seguridade viaria ou cuestións de mantemento.
A Estrada Vella de Santiago tamén sofre reiterados reventóns da rede de auga, e os veciños padecen as consecuencias da falta de axilidade nas reparacións..
Os populares proponen elaborar un Plan Integral que contemple medidas tanto de Tráfico como de mantemento que inclúa:
- medidas de calmado do tráfico, (á altura das Arieiras)
- mellora da sinalización, (colocar sinalización vertical na curva que hai saindo de gasóleos Verín para incorporarse a Estrada Vella en dirección A Ponte xa que a visibilidade é escasa e xa houbo varios accidentes neste punto)
- e reforzo da iluminación
- recuperar alumeado ornamental ponte romana
- Eliminación de maleza de forma periódica
Ademais, a veciñanza trasladou dúas peticións concretas:
- a instalación dunha marquesiña de autobús na esquina de Álvaro Cunqueiro coa Estrada Vella de Santiago,
- e a execución do saneamento pendente en rúas lindeiras que aínda carecen de rede.
