Sen categoría

O PP presenta un Espazo Infantil para que os protagonistas do Lugo do futuro imaxinen a cidade que queren

By 19 Marzo, 2025No Comments

O Presidente do PP local, Ramón Carballo, e a voceira do Grupo Municipal, Elena Candia deron a coñecer na Praza de Alacante esta iniciativa que percorrerá distintos barrios “buscamos coñecer a visión dos máis pequenos” engandindo que “con esta actividade reafirmamos o compromiso do PP cun proxecto de cidade pensado para todas as xeracións”

O Partido Popular poñemos en marcha o Espazo Infantil, unha actividade lúdica e participativa na que os nenos e nenas de Lugo poderán expresar as súas inquedanzas sobre a cidade. “Queremos darlles voz aos máis pequenos, recoñecendo que tamén forman parte activa da cidade e teñen dereito a ser escoitados”, sinalou o Presidente local do PP, Ramón Carballo e a voceira do Grupo Municipal, Elena Candia.

Como parte desta iniciativa, os participantes recibirán unha cartolina ilustrada cunha caricatura de Elena Candia preguntándolles: “Que botas de menos en Lugo?”. No Partido Popular recolleremos as súas respostas para coñecer de primeira man as súas expectativas sobre a cidade.

“Elaboramos esta actividade da man dun ilustrador lucense, Joaquín París, porque cremos en Lugo e no seu potencial. O noso compromiso con esta cidade inclúe apostar polos nosos artistas, así como polos nenos e nenas que mañá serán os seus protagonistas”, destacou Candia. Ademais, na parte traseira da cartolina atoparán unha divertida actividade de pintura con bonecos caracterizados de romanos e castrexos, en homenaxe á historia de Lugo.

Os nenos e nenas que se acheguen a este espazo infantil poderán desfrutar de xogos tradicionais, un obradoiro de maquillaxe facial e inchables así como nun sorteo de agasallos adquiridos en comercios do barrio onde se celebre a actividade.

No Partido Popular tamén queremos facilitar que esta actividade chegue ao maior número de familias posible, polo que ofreceremos ás ANPAS a posibilidade de colaborar na súa difusión. “Sabemos que as ANPAS son un motor fundamental na educación e na dinamización das actividades das nosas escolas. Por iso, queremos poñernos á súa disposición para que este Espazo Infantil chegue a todas as familias que queiran participar”, explicou Candia.

O Espazo Infantil iniciarase na Praza de Alacante e percorrerá distintos puntos da cidade, xerando un espazo de interacción e participación para as familias.

Dende o Partido Popular reafirmamos así o compromiso cun Lugo pensado para todos, no que o talento local e as novas xeracións teñan un papel protagonista.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies