Cultura

O PP presenta un decálogo para mellorar as festas de San Froilán

By 14 Outubro, 2022Sin comentarios

Beatriz Vázquez explica que se realiza esta achega “en positivo” para que as patronais recuperen o seu esplendor de anos atrás e non fiar o seu éxito, como nos últimos tempos, ao bo tempo que nos acompañou

Unha vez rematado o San Froilán, desde o Grupo Municipal do Partido Popular preséntase un decálogo de medidas para que as patronais lucenses recuperen o esplendor que tiveron anos atrás e volvan a ser a gran festa do outono galego.

Un “decálogo en positivo” como explica a concelleira popular Beatriz Vázquez para reforzar a imaxe do San Froilán e a súa organización e que o éxito das patronais lucenses non dependa exclusivamente de se o bo tempo nos acompaña ou non.

Decálogo de como mellorar a vindeira edición do San Froilán:

  1. Mellorar a planificación e organización do San Froilán de xeito que as contratacións dos concertos ou a elección de pregoeiros e oferentes queden pechadas no primeiro trimestre do ano
  2. Incorporar concertos de tirón nacional ou internacional
  3. Dar participación real aos membros da comisión de festas para así recuperar o seu espírito, de xeito que os membros do resto de grupos da corporación non se convertan en convidados de pedra
  4. Que a organización do San Froilán sexa totalmente transparente na contratación para frear o sectarismo
  5. Dar publicidade, e con tempo suficiente, ás principais actuacións e piares do programa para poder realizar promoción con antelación en albergues do Camiño de Santiago, na provincia e no resto da comunidade e naquelas cidades coas que estamos irmandados
  6. Dar estabilidade á contratación das casetas e caldeiros do polbo
  7. Que o San Froilán leve actividades a todos os barrios
  8. Ter planificadas alternativas para reubicar noutras localizacións os concertos no caso de que haxa mal tempo
  9. Mellorar o mantemento do recinto feiral xa que hai anos que non se realiza, por exemplo, a renovación das escalinatas das costas do parque Rosalía de Castro, moi deterioradas e cada vez máis perigosas
  10. Mellorar a limpeza do feiral e dos principais puntos de concentración de xente reforzando os equipos de limpeza á vista das queixas pola falta de aseo e polas imaxes de papeleiras e colectores de lixo cheos

Beatriz Vázquez fai estas achegas na procura “dun San Froilán para todos e máis participativo” xa que nas patronais lucenses teñen cabida todos os gustos e sensibilidades polo que “dende o propio Concello de Lugo temos que ser responsables e contar cunhas patronais para todos e cada vez mellores”.

Responder

10 + 12 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies