InfraestruturasTráfico

O PP presenta un decálogo de propostas para mellorar e afrontar os desafíos da mobilidade de Lugo

By 19 Setembro, 2022Sin comentarios

Os populares presentaron estas propostas co ánimo de solucionar os problemas que hai en Lugo en materia de tráfico, aparcamento e novas tecnoloxías ligadas á mobilidade “poñémonos a disposición de PSOE e BNG para aclarar calquera das iniciativas que presentamos”

O Grupo Popular presentou un decálogo de propostas para solucionar os principais problemas de mobilidade que hai na cidade.

Baixo o epígrafe aparcar en Lugo, misión imposible recompílanse catro suxestións:

1.- Despois da supresión da ORA, hai 7 anos, o PP propón un sistema de rotación gratuíto de vehículos controlado por un coche con lector de vehículos que chequearía que se cumpra o tempo de estacionamento

2. – Habilitar máis parkings disuasorios no centro e barrios tanto en terreos municipais como a través de convenios con propietarios de solares sen uso.Trataríase dunha cesión temporal e o concello asumiría a limpeza e o mantemento

3.- Construción dun aparcamento en altura en Fontiñas:

Construír un gran aparcamento en Fontiñas, cuxa cuberta sería un miradoiro con zona verde e parque infantil e biosaudable (aparcamento en altura no talud do parque de Os Paxariños, en torno ao número 129 ou ben noutra zona en desnivel situada á altura do número 99-105 da avenida)

4.- É preciso ampliar e mellorar as zonas de carga e descarga. Hai que poñer en marcha solucións eficientes para a distribución no casco histórico e outras zonas peonís do municipio como podería ser o uso de carretillas ou vehículos eléctricos.

Baixo o epígrafe desafíos para unha mobilidade sostible

5.- Dixitalización do transporte coa creación dunha APP e redeseño de rutas de autobuses para mellorar os traxectos que non funcionan trala remodelación do transporte público.

7.- Activación inmediata das 200 prazas con sensores que se colocaron en xullo de 2020 con cargo aos fondos europeos do Smart City que custaron 267.000€. (situados zona Parque Rosalía e aparcamento seminario)

8.- Posta en marcha dun sistema de  transporte rural a demanda

9.- Carril Bici Si pero así Non; O PP está a favor de que se potencie o uso das bicicletas pero considera un erro o deseño do actual carril bici de Lugo. Un sen sentido que se fixo sen consultar á veciñanza e que suprimiu centos de prazas de aparcamento. Apostamos por un eixo vertebrador de cidade que non suprima estacionamentos e de seguridade aos peóns.

10.- Creación  de puntos de recarga para vehículos eléctricos (coches, bicis e patinetes eléctricos) en toda a cidade e nos polígonos industriais.

Responder

ten + 20 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies