Economía

O PP presenta as liñas mestras para os orzamentos de 2017 que engloban un centear de propostas

By 20 Decembro, 2016Sin comentarios

O voceiro dos populares Jaime Castiñeira pide aos socialistas “un esforzo e altura de miras para que Lugo non perda outro ano de oportunidades e, nese senso, presentamos un plan B co que sacar a Lugo da parálise e da constante improvisación á que nos teñen acostumados dende o goberno local”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, presentou as súas liñas mestras para os orzamentos de 2017 nas que se engloban un cento de propostas para mejorar Lugo. O popular explicou que para o PP “son irrenunciables tres líneas de traballo encamiñadas á reactivación económica e o emprego, ao control do gasto e á reorganización do Concello así como ao reequilibrio dos barrios así como a posta en valor do noso patrimonio para que Lugo sexa un destino turístico de primer nivel”.

Os populares, ao igual que fixeron coas ordenanzas municipais, anticiparon hoxe as súas propostas para incorporar ao borrador de orzamentos matizando que as súas suxestións “son serias, responsables e cumpribles e que responden ás demandas dos lucenses”.

Castiñeira reclama aos socialistas que reserven unha partida de 6M€ para crear 3 liñas de apoio económico para incentivar a creación de novas empresas, de novos postos de traballo e o fomento da rehabilitación de vivendas, edificios e espazos públicos de todo o Concello. O concelleiro popular explicou que “estes fondos terían que distribuirse en tres capítulos: 2M€ para a posta en marcha de empresas innovadoras ou que non compitan con outros proxectos existentes no seu entorno; outros 2M€ para contratar traballadores censados en Lugo e para fomentar a estabilidade laboral a través dunha liña específica de 3.000€ para empresas que xeneren novos contratos cun mínimo de duración dun ano; a última achega de 2M€ sería para a rehabilitación de edificacións do municipio con especial atención ao entorno do Camiño Primitivo e a Muralla.

De cara a mellorar os servizos básicos do Concello e a controlar o gasto os populares reclaman unha xestión eficaz de todos os servizos municipais que se prestan se contrato destacando “o ciclo da auga ou o mantemento do alumeado público”. Os populares temen que a esta listaxe se incorporen outros servizos como o tratamento e recollida de lixo.

Castiñeira tamén reitera a necesidade de elaborar un estudo no que se estimen os custes de mantemento dos edificios municipais sobre todo tendo en conta que neste 2017 se deberían abrir tres novos edificios (vello cárcere, auditorio Magoi, novo centro Centro Municipal de Novas Tecnoloxías) así como doutras dotacións proxectadas ou en construcción.

O popular tamén insiste en que a reorganización de persoal é fundamental “para reducir as numerosísimas asistencias técnicas que se contratan” e que, cunha boa dirección política, podería asumir perfectamente o persoal municipal.

O Grupo Popular tamén condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais nun paquete de actuacións encamiñadas a que exista unha igualdade de barrios con novas dotacións e intervencións urbanísticas como elaborar o Plan Parcial do barrio de Burozos no que se contemple o novo colexio do Sagrado Corazón así como estudiar a posibilidade de ubicar, nas actuais dependencias do colexio, un novo Centro de Saúde; abrir unha nova delegación da policía na zona norte e unha unidade administrativa no centro; avanzar no proceso de peonalización de espazos urbanos de extramuros como pode ser no barrio da Milagrosa e implantar o proxecto piloto de supermanzanas; acondicionar un espacio multifuncional na estructura metálida abandonada na Piringalla, acondicionar un novo canil nas Costas do parque de Rosalía,  crear zona multideporte no entorno do Pazo de Ferias e Exposicións e completar o cinto verde do parque Miño-Rato coa adquisión dos terreos que se necesitan para unir ambos parques. O Grupo Popular tamén pedirá unha partida para o equipamento e posta en marcha do novo auditorio de Magoi A instalación dunha cuberta desmontable para a piscina exterior en Frigsa e a cobertura do parque infantil de Augas Férreas son outras das propostas que o Grupo Popular incorpora aos orzamentos de 2016. O ascensor de Fontiñas a Ramón Montenegro e o do Sagrado Corazón, en Carlos Azcárraga, son outras dúas infraestructuras que se deben contemplar nos orzamentos para 2017..

Castiñeira puntualizou que entre os proxectos que aos que o Grupo Popular non renuncia son a reserva de partidas para a revisión do PXOM e do Pepri; así como para o desevolvemento dos urbanizables do Plan Xeral no casco urbano (Louzaneta) ou dos terreos no entorno do Hula, así como o desenvolvemento dos plans especiais dos núcleos rurais.

Outro aspecto no que insiste o Partido Popular é na previsión de fondos para levar a cabo intervencións que melloren a mobilidade e o tráfico da cidade. Destaca a a posta en marcha dun programa de itinerarios peonís seguros e accesibles que incorporen zonas verdes que abran a cidade ao Miño (intervención Volta da Viña, paso soterrado Anxo Carro). A creación de aparcamentos disuasorios así como reservar partidas para distintas intervencións en materia de seguridade viaria (instalación de pasos de peóns intelixentes no entorno dos centros educativos, aparcadoiros para motos, plan de potenciación bicicletas) son outros puntos do documento que achegará o PP para incorporar aos orzamentos do vindeiro exercicio.

Para  servicios sociais os populares reclaman a posta en marcha do Pacto contra a Pobreza e presentan un paquete de actuacións en materia de accesibilidade, maiores e dependencia.

No eido rural destacan unha decena de propostas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos veciños das nosas parroquias. Nese senso se solicitan partidas para reparación, mantemento e conservación de vías así como para a limpeza de cunetas. Os populares tamén reclaman partidas suficientes para avanzar no saneamento, mellorar a sinalización e dinamizar as escolas rurais. As liñas de axuda para mellorar núcleos rurais, así como a posta en valor dos seus elementos patrimoniais, naturais ou arquitectónicos completan este capítulo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies