Infraestruturas

O PP pregunta por que se atrasa a entrega de terreos  e as negociacións da reversión dos edificios do antigo colexio do Sagrado Corazón

By 14 Decembro, 2022Sin comentarios

O PP recrimina que “pola incapacidade e a falta de vontade do goberno local de tramitar a localización do novo Centro de Saúde no Sagrado Corazón se free a súa construción”

O Grupo Municipal do PP pedirá explicacións en comisión para  saber que xestións fixo o goberno local dende que hai un ano a alcadesa se comprometera a ceder unha parcela para o novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón.

Queremos que nos expliquen “en que punto están as negociacións coa entidade bancaria propietaria dos edificios onde estaba o antigo colexio do Sagrado Corazón cuxas instalacións levan baleiras dende xuño de 2021. Os populares lembran como o concello ofreceu 5 alternativas de terreos para permutar por estes edificios do colexio e recordan como Abanca solicitou máis información para poder avaliar esta oferta xa que o que a documentación que se lles mandou estaba incompleta. “Queremos saber que localizacións se barallan” e queremos comprobar que información se entregou para facer esta negociación polo que “solicitamos  acceso ao expediente completo”.

 

Perseveranza e colaboración Partido Popular

O PP “leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio como foi a defensa do novo colexio que se inaugurou este ano”. A base de persistencia o Partido Popular conseguiu que se construise o  novo colexio do Sagrado Corazón no que se investiron 4,2M€ e que é un referente en Galicia da arquitectura pedagóxica.

O próximo reto dos populares, polo que levan anos loitando é conseguir a titularidade dos terreos e edificios onde estaba o antigo centro educativo que son propiedade de ABANCA. Hai que lembrar que dentro desta zona hai unha pista polideportiva cuberta  que o PP propuxo que se lle dera un uso público co obxecto de gañar dotacións para o barrio.

Ata en dúas ocasións, nos anos 2016 e 2019  o Grupo Popular presentou  iniciativas no pleno, ambas aprobadas por unanimidade, instando a iniciar de forma urxente os trámites necesarios para conseguir os edificios do vello colexio para dotacións públicas e impulsar a construción dun centro de saúde.

Pola súa banda Xunta dirixiuse ata en 3 ocasións á alcaldesa (novembro de 2021, marzo de 2022 e decembro de 2022) para recordarlle que necesita 1.534 metros cadrados de edificabilidade para construír o novo centro de saúde tanto no vello colexio coma noutro lugar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies