Urbanismo

O PP pide un estudo urxente da estabilidade do muro de Cidade de Viveiro con Plácido Rei Lemos ante os afundimentos que apareceron na súa parte superior

By 26 Outubro, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez explica que moitos veciños se puxeron en contacto cos populares ante o avance dos afundimentos, de varios centímetros, que apareceron en Cidade de Viveiro, que poderían deberse ao gran volume de circulación que comezou a soportar esta rúa nas últimas semanas debido aos cambios de circulación realizados polo goberno local

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide ao goberno local un estudo urxente sobre o estado do muro da rúa Cidade de Viveiro, xa que nas últimas semanas o chan afundiuse considerablemente, xerando alarma entre os veciños.

Rafael Pérez pide este estudo de xeito urxente, xa que nas últimas semanas esta rúa comezou a soportar un volume de circulación moi superior ao que tiña, aumentando ademais o paso de autobuses, o que podería provocar estes afundimentos polas constantes vibracións que se producen no chan.

Explica o concelleiro popular que este muro que da a rúa Frai Plácido Rei Lemos debe ser sometido a estudo para coñecer a súa viabilidade, xa que estes afundimentos deben de preocupar ao goberno local para que non suceda algo que logo haxa que lamentar, e tamén para descubrir as súas causas e poder dar unha solución no menor prazo de tempo posible para tranquilidade dos veciños.

Unha das posibles causas destes afundimentos pode deberse aos cambios de tráfico ordenados polo goberno local, trocos realizados sen estudos de tráfico para dar alternativas aos condutores, o que provoca que toda a circulación vaia pola mesma rúa sen saber se é capaz de absorbelo e de soportalo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies