Cultura

O PP pide que Vaqueiro e Vázquez Cereijo dean nome a rúas luguesas

By 17 Agosto, 2016Agosto 18th, 2016Sin comentarios

 Os populares proporán na vindeira reunión da Comisión do Rueiro que “dous referentes do xornalismo e da pintura lugueses teñan o recoñecemento que merecen”

O Grupo Municipal do Partido Popular propón que, logo do seu falecemento no día de onte, o xornalista Anxo Vaqueiro e o pintor José Vázquez Cereijo dean nome a sendas rúas da capital lugesa “pola importante labor que teñen realizado na proxección positiva da imaxe de Lugo”.

Tal como detalla o vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, “é un xusto recoñecemento para dúas figuras referentes nos seus respectivos sectores, que coa súa dedicación profesional contribuíron a que Lugo estivese no mapa tanto do xornalismo como da pintura”, con varios recoñecementos nacionais e internacionais.

Nesa liña, Ameijide afonda en que “o mínimo que podemos facer dende o Concello é avalar esa traxectoria bautizando espazos da cidade co nome destas dúas figuras, para que día a día lembremos o esforzo destes e outros veciños do municipio para preservar, impulsar e agrandar o bo nome de Lugo e dos lugueses”.

“Dado que ningúen pode cuestionar o traballo destas dúas figuras a prol da imaxe de Lugo, agardemos que esta proposta sexa aprobada por unanimidade de todos os grupos políticos na vindeira reunión da Comisión do Rueiro”, conclúe o vicevoceiro popular. 

Responder

6 + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies