TráficoUrbanismo

O PP pide que se estude a posibilidade de ampliara beirarrúa en dous puntos da Ronda da Muralla para mellorar a seguridade e garantir a accesibilidade

By 24 Outubro, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez explica que se podería estudar esta posibilidade xa que se trata de zonas moi transitadas polos peóns, xa que é o camiño para varios centros educativos, sen esquecer que a densidade de circulación tamén é elevada
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, propón ao goberno local a posibilidade de estudar a ampliación da beirarrúa en dous puntos da Ronda da Muralla, moi preto das obras que se están a executar agora á altura da rúa Santiago, para mellorar a seguridade dos peóns e taméngarantir a accesibilidade.

Rafael Pérez explica que se trata da zona da Ronda da Muralla, á altura da Porta Miñá, no cruzamento coa rúa do Carme, onde a beirarrúa é moi estreita, impedindo o paso de dúas persoas ao mesmo tempo ou onde unha cadeira de rodas ou un carriño de bebe, ten o paso moi xusto ou case non ten. “Trátase de garantir o paso para os lucenses e garantir a accesibilidade algo que, a día de hoxe, non se cumpre debido ao estreitamento que ten a beirarrúa”. apunta.

O concelleiro popular tamén fai referencia a outra zona situada a poucos metros, onde a zona destinada ao paso de peóns se estreita ata o punto que non poden pasar dúas persoas ao mesmo tempo. “Cómpre garantir a seguridade nestes puntos xa que se trata de zonas moi transitadas polos peóns, xa que é o camiño para varios centros educativos, ademais de contar cunha gran densidade de circulación”, sinala.

Responder

two + four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies