Zona rural

O PP pide que se complete a rede de abastecemento de auga en Orbazai

By 15 Xullo, 2016Xullo 18th, 2016Sin comentarios

 O voceiro popular Jaime Castiñeira solicita ao Concello que, “canto antes”, se liciten e executen as obras para dotar de servizo de auga aos núcleos de Malladoira, Taboelle, O Cabalo, O Vilar, Penarrubia e Areosa

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, pediu esta mañá en rolda de prensa que o Concello de Lugo complete, “canto antes”, a rede de abastecemento de Orbazai para aqueles núcleos da parroquia que aínda non teñen servizo de auga.

Trátase, en concreto, de Malladoira, Taboelle, O Cabalo, O Vilar, Penarrubia e Areosa, ubicados na parte alta da parroquia e que, a diferenza dos residentes dos outros núcleos da parroquia de Orbazai, seguen sen dispoñer deste servizo esencial. “Estamos a falar dunha actuación da que se beneficiarían directamente unhas 40 vivendas e que, ademais, ten un custe económico perfectamente asumible por parte do Concello de Lugo”, explicou, polo que urxiu aos socialistas a licitar e executar as obras “con certa urxencia”.

Así mesmo, o voceiro popular incidiu en que se trata “dunha vella reivindicación veciñal”, ao tempo que lembrou que “foi un compromiso electoral do PSOE na última campaña”. “Quero pensar que a alcaldesa non está castigando sen este servizo aos veciños destes núcleos por intentar desmarcarse das promesas do anterior alcalde, porque dos votos que el colleitou ben que se serviu”, apuntou Castiñeira, ao tempo que destacou que “tampouco é que nos sorprenda, porque os lugueses estamos moi acostumados ás promesas baleiras do PSOE”.

Por último, o popular anunciou que trasladará esta proposta ao vindeiro pleno municipal do día 28 de xullo, sesión á que o PP tamén levará a adquisición dos terreos situados fronte ao Pazo Universitario para crear alí unha praia fluvial e a mellora da rede semafórica en dez interseccións conflitivas da cidade. “Son tres propostas en positivo que demostran a nosa vontade por desbloquear vellos temas pendentes”, concluíu Jaime Castiñeira.

Responder

five × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies