Deportes

O PP pide o arranxo da caldeira das pistas de atletismo de As Pedreiras

By 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

Óscar Poy explica que moitos usuarios amosaron o seu malestar porque dende a semana pasada nos vestiarios das pistas de atletismo de As Pedreiras non hai auga quente nos vestiarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP, Óscar Poy, explica que desde hai polo menos unha semana os usuarios das pistas de atletismo de As Pedreiras non dispoñen de auga quente.

Este problema podería afectar á celebración dalgunha das competicións oficiais que se disputan nestas instalacións. “Instamos á área de deportes a que solucione este problema o antes posible para recuperar a normalidade”, sinalou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies