Obras

O PP pide asegurar a malla metálica dunha pista deportiva que corre o risco de desplome

By 22 Xaneiro, 2017Xaneiro 23rd, 2017Sin comentarios

Antonio Ameijide reclama que se arranxe a estructura que pecha a instalación deportiva do barrio da Quinta de Pérez “xa que nun dos laterais as anclaxes están soltas o que supón un perigo para os usuarios”

O Partido Popular no Concello de Lugo solicita unha serie melloras relacionadas coa mellora da seguridade no barrio da Quinta de Pérez. O vicevoceiro popular reclama que de forma urxente se repare a malla metálica da pista deportiva “o problema xa non son os buratos que hai no peche senón o perigo de desplome dun lateral, que está suxeito de forma provisional, e que podería caer sobre a pista co risco de provocar un accidente aos usuarios que practican deporte neste espazo”.

Ademais de reparar esta malla os populares solicitan que se coloquen porterías de futbol para a práctica deste deporte e que se recupere a fonte pública que había neste parque infantil.

Antonio Ameijide tamén pedirá que se mellore a seguridade vial no acceso ao barrio “é necesario sinalizar os sentidos de circulación da rotonda e pintar as prazas de aparcamento, tanto en batería como en liña que hai neste espazo”. Outra demanda veciñal é o arranxo das escaleira que comunican este barrio coa rúa Otero Pedrayo.

Os populares tamén solicitan que se mellore o mantemento da pista de tenis que hai na rúa Gallego Tato xa que “o verdín do pavimento dificulta a práctica deste deporte”. Ameijide reclama unha limpeza en profundidade e que a retirada de lixo se faga cunha maior periodicidade xa que con frecuencia hai desperdicios tirados por toda a instalación. O PP solicitou que “se adopten as medidas oportunas para a poñer esta dotación en óptimas condicións de uso”

Escaleiras Magoi

 Con respecto á solicitude popular para  crear un paso peonil para atravesar a mediana de Magoi á altura dos números 102,104 e 106 “conseguimos que o goberno local acepte a proposta  que plantexou o Grupo Popular e que está avalada pola sinatura de preto de 200 veciños do barrio”. Os populares solicitaron que se acondicione unha escalinata ou paso en diagonal para salvar a pendente que hai entre ambas marxes da Avenida”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies