Urbanismo

O PP pide aprazar o pleno do PXOM para estudar con detalle as máis de 300 fichas e planos

By 16 Xuño, 2022Sin comentarios

O voceiro e o vicevoceiro popular, Ramón Carballo e Antonio Ameijide, critican que se lles facilitase a documentación a dous días e medio da convocatoria e recriminan que “a alcaldesa se negase a recibilos para chegar a consenso no documento de maior envergadura do municipio”

Os populares argumentan que “é pouco sensato” que nun tema de calado coma este, onde hai moito que revisar, e no que temos dúbidas de determinadas cuestións nos limiten o tempo para analizalas”. Hai que ter en conta que no expediente hai documentación de 82 núcleos, 20 sectores, 29 planos e 87 fichas.

Dende o Grupo Popular interpretan que a alcaldesa os ningunea “quizá xa ten os votos do seu socio nacionalista e, por iso, rexeita facer acordos co principal grupo da oposición que é o que máis edís ten na corporación”

A petición que trasladaron hoxe os populares aos medios de comunicación formalizárona presentando no rexistro un escrito dirixido a Lara Méndez para pedir que atrase o pleno aclarando que “non se trata de poñer trabas por poñer senón de actuar de forma responsable” lembrando como que o PP votou en varias ocasións a favor”

Os populares avanzaron que, neste asunto, manterán a súa liña de traballo “de política útil e sen sectarismos” indicando que “a nosa predisposición é traballar para que se aprobe o documento pese as dificultades que pon a alcaldesa”

O Partido Popular, dende o primeiro minuto, traballou de forma responsable e aportou centos de alegacións ao PXOM co ánimo de melloralo. Fomos, dende o primeiro minuto,  leais e construtivos. Non era o noso plan pero era mellor un mal plan que non ter ningún.

Por último os populares lamentaron o triunfalismo e a frivolidade coa que a alcaldesa despacha 11 anos de atraso na tramitación deste documento manifestando que “o feito de que non haxa nin un asomo de autocrítica polos damnificados por este despropósito é un síntoma de que a alcaldesa de Lugo vive nunha realidade paralela”

“Nin unha soa desculpa aos lucenses que non puideron facer a súa casiña nunha finca da súa propiedade afectada polo 5% pendente, ou dos mozos dalgunhas parroquias que non puideron ampliar ou construír unha explotación e tiveron que marchar a outras parroquias ou, incluso, a outros municipios” concluíron.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies