LimpezaMedio Ambiente

O PP pide ao goberno local a limpeza da rúa Primavera despois de coñecer que é unha veciña a que está a limpar a maleza cunha tesoiras

By 31 Outubro, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez explica que se achegaron ata esta zona da cidade despois de recibir a chamada dos veciños e comprobaron o traballo realizado por esta muller, mentres o resto do entorno está cheo de maleza, unha situación que facilita a proliferación de ratas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pon o punto de mira na falta de aseo urbano en determinadas zonas da cidade, como pode ser o entorno da Avenida das Fontiñas, un punto no que se producen periodicamente este tipo de queixas, sen que o goberno local se decida a facer algo para solucionalo.

Explica Rafael Pérez que, concretamente nas rúas Primavera e Outono, os veciños xa están fartos de ver como a maleza medra sen control sen que desde o Concello de Lugo lles dean unha solución, a pesar de que xa avisaron deste problema en varias ocasións, chegando ao extremo de que unha veciña, cansa da situación, comezou a limpar ela mesma a maleza cunhas tesoiras.

Esta veciño decidiu actuar en lugar de seguir agardando por unha solución que non chega por parte do goberno local, farta da imaxe que ve cada día. Unha zona na que tamén debería prestar máis atención o propio goberno local xa que hai un vehículo abandonado dende hai meses, tendo a porta do acompañante aberta, varios cristais rotos e está cheo de lixo e vexetación, tanto no seu interior como na parte exterior.

No que atinxe á rúa Outono, os veciños apuntan sempre ao mesmo punto, unha pequena ladeira na que a vexetación medra, sendo o punto idóneo para que roedores campen as súas anchas, xerando situacións de insalubridade para os veciños. “Algún xa nos indicou que a primeira hora da mañá chegou a contar ata cinco ratas correndo arriba e abaixo pola rúa”, explica o popular.

Os concelleiros populares se achegaron ata a zona despois de recibir a chamada dos veciños, seguindo así co percorrido que están a facer por todos os barrios da cidade, escoitando os problemas que lles transmiten os veciños para poder buscar solucións axeitadas aos seus problemas, polo que pedirán a limpeza inmediata e un plan de desratización para estas rúas, xa que son problemas que se poden solucionar con actuacións inmediatas, e logo con controis periódicos e un pouco de vontade política por parte do goberno local.

Responder

14 + four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies