O PP pide ao Concello que impulse unha Área de Rehabilitación Urbana no barrio da Ponte que mellore a súa imaxe

By 13 Abril, 2021Infraestruturas, Urbanismo

Os populares dentro do programa #BarriosEnIgualdade presentarán unha proposta para que ben, a través dos técnicos municipais, de Evislusa  ou dun concurso de ideas en colaboración co Colexio de Arquitectos “se presente unha memoria para intervir neste barrio antes de que se convirta nunha zona de referencia para os okupas”

O Partido Popular proporá no vindeiro pleno que ben a través dos técnicos municipais, a través de Evislusa ou dun concurso de ideas, en colaboración co Colexio de Arquitectos, se faga unha memoria para desenvolver unha área de rehabilitación (ARRU) no barrio de A Ponte.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que presentará unha iniciativa ao pleno dentro do programa de #BarriosEnIgualdade que impulsa o Partido Popular tras visitar e manter encontros veciñais en diferentes puntos da cidade. A xuizo dos populares este traballo englobaría outras accións que se poderían englobar en tres apartados:

  1. Recuperación dos edificios e espacios públicos desta zona para evitar que se convirta nun punto negro de referencia dos okupas.-“Non se trata de facer máis casas, senon de coidar as que hai”, apuntou Ameijide, quen expuso ademáis que, ao igual que os edificios que envelleceron, o fixeron tamén os seus inquilinos polo que se debe apostar por unha adaptación na calidade de mobilidade, ademais de manter o compromiso ambiental. O estudo que propoñemos facer servirá para optar á declaración do ARRU do Plan Estatal de vivenda. En Lugo hai dous precedentes: o casco histórico e o Sagrado Corazón, en canto ao ARRU do barrio da Milagrosa segue paralizado polo desinterese do bigoberno. Os populares urxen a revitalizar o corazón deste barrio para asentar e atraer poboación ata este barrio así como para impulsar a creación de negocios con diferentes incentivos á rehabilitación e evitar, así, que co paso do tempo, non quede como unha zona marxinal.
  2. Plan Director da contorna do Miño .- É preciso tomar o río como eixo da recuperación do barrio e nese senso o PP quere “completar o cinto verde na unión Miño-Rato e ampliando o parque periurbano cunha nova ruta de 21 quilómetros a ambos lados del río e recuperando instalacións municipais en desuso próximas ao Miño como a fábrica da luz para actividades de turismo, culturais ou deportivas”

 O popular lamenta que “os sucesivos gobernos socialistas non soubesen sacar partido a esta zona”. Tamén neste apartado reclaman o inicio dos trámites necesarios para a construcción dun aparcadoiro alegando que é habitual que se colapse a zona de estacionamento que hai no entorno da ponte romana en canto vai bo tempo”.

  1. Impulso do Camiño Primitivo, Santuario e antigo Hospital de leprosos.- O turismo post covid busca experiencias novas, con grupos reducidos e esta oferta específica podería ser unha oportunidade para dar a coñecer este patrimonio cultural e histórico do barrio da Ponte.
  2. Plan integral de mellora da limpeza, mantemento de viarios e sinalización do barrio da Ponte

Leave a Reply

four × one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies