Tráfico

O PP pide ao bigoberno que sinalice de forma máis segura o carril peonil da Ronda da Muralla

By 2 Xuño, 2020Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo afirma que “unha vez superada a etapa de confinamento, incrementouse notablemente o tráfico rodado no único carril que está aberto na Ronda” engadindo que “como PSOE-BNG non deron alternativas, hai colas a diario que están a xerar molestias aos lucenses”

Para Ramón Carballo a peonalización dun carril da Ronda da Muralla de Lugo foi unha boa táctica de urxencia para gañar, durante a etapa de confinamento do covid, máis espazo para os peóns. O voceiro popular, sen embargo, reflexiona que “agora mesmo, unha vez superadas as primeiras fases da desescalada e co aumento de vehículos que a diario se rexistran na ronda, non se están garantindo os desprazamentos dos peóns”.

Os populares explican que os conos de plástico que separan “a zona peonil do carril do vial por onde circulan vehículos, non son os máis apropiados para asegurar a seguridade vial dos veciños que utilizan este paseo ao pé da muralla”. Os populares “queren saber durante canto tempo máis van a manter esta peonalización xa que consideramos que estes elementos, que se soen utilizar para advertir que hai unha zona de traballo ou un accidente, non son suficientes, nin os máis apropiados”. Por ese motivo “pedimos que se sinalice con máis seguridade, incluso nas intereccións ou cruces deste carril con outras vías”.

Ramón Carballo asegura que o seu partido non é sospeitoso de poñer freo ás peonalizacións xa que “estando o Partido Popular no goberno de Lugo peonalizouse o casco histórico” pero pide que “as peonalizacións en época covid non sexan decisións aleatorias e que, no caso de que sexan definitivas se presente un estudio no que se ofrezan alternativas de circulación para o tráfico rodado para así evitar o colapso que xa se está a producir na Ronda da Muralla”. O popular explicaba que recibiron queixas de veciños por colas interminables, a diferentes horas do día e que, incluso, houbo problemas para que pasasen vehículos de emerxencia xa que os coches se viron obrigados a meterse dentro da zona reservada para peóns”.

O voceiro popular recalcou que “Lugo non está para experimentos ideolóxicos de dous gobernos distintos” en alusión a que “un día Méndez e outro día Arroxo toman distintas rúas para gañar titulares”. Carballo espera que recapaciten e que unifiquen o proxecto de cidade para conseguir unha humanización harmónica e de futuro para Lugo.

O popular volveu a reiterar “os problemas que teñen moitos pequenos comercios de proximidade situados en zonas recentemente peonalizadas como, por exemplo, no carril dos Loureiros onde  teñen que deixar toda a calzada libre e non poden aparcar nin un minuto. Este é só outro exemplo máis de que se toman rúas sen facer estudos nin consensos sociais e políticos previos”. O popular advertía “coidado que estas decisións que, en época de crise, poden poñer a puntilla para moitos destes negocios de barrio”.

Responder

4 × four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies