
Tras coñecerse que unha concelleira socialista solicitou a baixa do partido por non compartir a forma de traballar do PSOE e, logo de suspender a Xunta Local de Goberno Extraordinaria, na que se ían abordar os presupostos para 2026
- A explicación do goberno de que se suspendeu a Xunta de Goberno Local Extraordinaria porque non se celebrou o Consello Económico e Social, polo luto do accidente ferroviario, “non se sostén” xa que hoxe mesmo tivo lugar, con normalidade, unha Xunta de Goberno Local ordinaria
- Con esta cancelación tamén se certifica que os Orzamentos non irán ao Pleno ordinario da vindeira semana, tal e como se comprometera o goberno local lembrando que “este documento é unha ferramenta fundamental para garantir os servizos públicos e planificar investimentos”.
- Os populares afirman que “non é admisible que Lugo sega sen contas para este exercicio” destacando, que se están adoptando decisións tan relevantes como retirar, por decreto de alcaldía, un millón de euros do SAF para pagar unhas cámaras de tráfico
- Dende o PP lembran como Miguel Fernández foi descartado polo seu partido en 2023 e que, agora que exerce unha alcaldía chegada de forma sobrevida, nin sequera é quen de garantir a estabilidade dun grupo de oito concelleiros, unha situación que xa está a ter consecuencias directas na xestión municipal e na vida dos lucenses.Onte, día 20, ás 16.20 horas, coñecíamos un decreto asinado polo alcalde de Lugo polo que se SUSPENDÍA A CELEBRACIÓN DUNHA Xunta de Goberno extraordinaria, que fóra convocada o día anterior e que tiña como único punto da orde do día a aprobación dos Orzamentos municipais. Estamos a falar dun asunto absolutamente esencial para o municipio e que, unha vez máis, queda bloqueado, cando o trámite xa vai fóra de prazo.Para o PP, esta é unha noticia negativa, xa que seguimos sen coñecer absolutamente nada do contido dos Orzamentos e aumenta a incerteza sobre a planificación económica do Concello. Para o PP a suspensión de militancia dunha edil da súa agrupación ten unha relación directa coa suspensión desta convocatoria.
Preocupación nova crise interna afecta á xestión municipal.-
“Dende o Partido Popular sempre fomos absolutamente escrupulosos e respectuosos coas crises internas que poidan existir dentro das diferentes agrupacións, pero vémonos na obriga de alzar a voz cando esas crises deixan de ser un asunto interno e pasan a afectar directamente ao funcionamento ordinario do Concello, como está a suceder neste caso”.
Por iso, dende o Grupo Municipal do PP facemos unha chamada de atención ao goberno local para que se centre no realmente importante: resolver os problemas dos lucenses, e deixe de dedicar tempo e enerxía aos seus problemas internos.
Lugo necesita un goberno centrado, estable e plenamente dedicado á xestión. A preocupación do PP é evidente, porque estas crises están a absorber o traballo e as enerxías do alcalde e do seu equipo.
