O PP pide amparo ao Foro de Igualdade para facer entrar en razón ao goberno local para adherirse ao VioXén

By 29 Outubro, 2021Servizos sociais

Para os populares “a mellor proposta para as mulleres lucenses afectadas pola violencia machista para o 25N sería que o concello se sumase a este programa do Ministerio do Interior de apoio ás víctimas de maltrato”

O Partido Popular solicitou hoxe o amparo do Foro de Igualdade para que faga entrar en razón e lle poña as pilas ao goberno local para que se adhira o máis axiña posible ao Sistema de VioXén. A concelleira popular Macamen López Silva trasladou hoxe esta petición logo de que na última comisión de cohesión a concelleira responsable de área, en contestación a unhas preguntas do Grupo Popular, se disculpase de non ter feito este “primeiro foi a pandemia e logo argumentaron que necesitaban formar á policía” matizando que “é hora de que se deixen de evasivas para darnos largas”. López Silva lembra que “pasaron dous anos dende que se aprobou en pleno adherirse a este programa co que os seus argumentos carecen de rigor e son pouco cribles”.

Para o Grupo Municipal do PP entrar no VioGén sería  a mellor forma de celebrar o 25 de novembro. “É moi importante dar visibilidade a esta problemática pero ainda é moito máis interesante dotar de ferramentas de apoio ás afectadas” matizou a popular.

López Silva tamén lembrou que “este pasotismo da administración local repítese con outra ferramenta de apoio ás mulleres víctimas de violencia machista que funciona a nivel autonómico. Trátase da Rede de Municipios Contra a Violencia de Xénero e á que, neste momento, están adheridos 218 concellos galegos”.

Leave a Reply

three × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies