Medio Ambiente

O PP pide activar un dispositivo urxente de roza de matogueiras en zonas urbanas que os xabaríns utilizan como refuxio

By 30 Marzo, 2022Sin comentarios

Os populares piden ao bipartito que cumpra coa súa parte do Plan de Control do xabarín e que deixe de enrredar “reclamando información que xa ten, por quintuplicado, das zonas sensibles que hai que rozar aclarando que “a Xunta envioulles en 2019, ata en cinco ocasións, a documentación e os planos detallados”

O Grupo Popular insta ao bipartito a activar un plan de roza urxente  da maleza en determinados puntos da cidade onde se detecta, de forma habitual, a presenza de xabaríns.  Os populares lamentan a deixación de funcións do bipartito neste asunto xa que “dende hai tres anos, teñen informes e planos detallados das zonas onde é preciso actuar, case todas elas en terreos urbanos ou urbanizables”.  “A Xunta, no marco do Plan de control que se acordou entre ambas administracións, envioulles esta documentación ata en cinco datas distintas ao longo do ano 2019”, puntualizan.

O PP apela á responsabilidade e pide ao bipartito “seriedade” recriminándolle que “intenten poñer cortiñas de fume pedindo por enésima vez á Xunta, cun escrito asinado o pasado 14 de febreiro,  que lles concreten os lugares onde se detectaron descanso e dormida de xabaríns”.  Os populares piden ao bipartito que deixe de escudarse noutras administracións e asuman a súa competencia de montar un dispositivo urxente de limpeza de matogueiros nestas zonas sensibles xa que  “non é crible que o bigoberno diga que non saben onde teñen que rozar as matogueiras; saben perfectamente onde están os puntos sensibles e teñen planos e documentos que sinalan as zonas onde con frecuencia hai xabaríns”.

O Grupo Popular insiste en que “somos conscientes de que é inevitable que sigan entrando algúns exemplares de xabaríns pero, se non se rozan os terreos que xa se lle indicaron ao Concello de xeito reiterado desde 2019 o problema podería agravarse”.

Dende o PP manifestan que “saben que é imprescindible rozar as masas espesas de matogueira que hai entre o parque da Tolda e o paseo do Miño, así como as que hai xunto ao paseo que vai cara a Conturiz. Estas zonas están delimitadas nos planos que se enviaron en varias ocasións ao Concello de Lugo, nos que se sinalaban zonas de encame de xabaril que deberían ser rozadas. O concello é o responsable de  limitar as condición favorables de refuxio para a especie e é o que ten a competencia sobre os terreos urbanos é os parques periurbanos. Polo tanto é o Concello de Lugo quen pode rozar ou obrigar a rozar nesas zonas” concluiron.

Responder

19 − 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies