InfraestruturasMedio Ambiente

O PP pide a Lara Méndez que atenda a petición dos veciños de Paradai para estudar o cambio de localización do canil de agility de Serra de Ancares

By 15 Marzo, 2023Sin comentarios

Os populares fanse eco das reclamacións dos veciños de Paradai que recolleron sinaturas para pedir á alcaldesa o traslado do canil a unha zona que reúna as condicións necesarias para amplialo e que os cans poidan correr e xogar

Os veciños de Paradai iniciaron hai uns días unha recollida de sinaturas para pedir a Lara Méndez a posibilidade de trocar de localización o canil de agility da rúa Serra de Ancares debido aos inconvenientes que xera aos veciños e pola falta de espazo para que os cans poidan correr.

Os concelleiros populares achegáronse ata a zona para comprobar a denuncia realizada polos veciños e viron como “o espazo é moi pequeno, polo que en ocasións xéranse tensións entre os cans ao non ter capacidade de afastamento”.

Estas situacións sucédense en diversas franxas horarias, sempre que coincidan varios cans á vez neste lugar, provocando escandalosos ladridos a través do valo”. Debido ao pequeno espazo tamén provoca que se acumulen as feces e ouriños converténdose este lugar nun foco de risco.

Ademais, debido a unhas obras que se están a realizar na rúa colindante parte dun dos valados rompeuse polo que este canil se inutilizou, reducindo o espazo de recreo para os cans a un so canil.

Por estes motivos, os veciños solicitan este cambio de localización, aproveitando de paso a sinerxia das actuais obras de acondicionamento da Rúa Xardín.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies