InfraestruturasSeguridadeUrbanismo

O PP pide a instalación de varandas na Ronda do Carme para garantir a seguridade e mellorar a mobilidade

By 11 Maio, 2022Sin comentarios

Os veciños da zona pediron aos concelleiros populares que solicitasen a instalación de varandas na zona xa que pequenos e maiores estiveron a piques de caer por un terraplén, á altura do número 25 da Ronda do Carme, xa que nese punto, de súpeto, estreitase a beirarrúa

Veciños da Ronda do Carme puxéronse en contacto con concelleiros do Partido Popular para estudar a posibilidade de que o Concello de Lugo coloque unha varanda para evitar que calquera persoa poida caer polo terraplén.

Os veciños fan esta petición despois de ver como varios nenos e maiores, por pequenos despistes, a piques estiveron de caer por un talud que hai á altura do número 25 da Ronda do Carme. Para evitar riscos, os concelleiros populares fan esta petición para garantir a seguridade e a mobilidade, “entendendo que esta actuación o único que persegue é mellorar o tránsito para os peóns, xa que falamos dun punto no que, de súpeto, a beirarrúa estreitase”.

Dende o Grupo Municipal Popular recordan que ata non hai moito había nese punto un valo de madeira para evitar que calquera puidese caer, pero a día de hoxe xa non está, a pesar de que aínda queda algún resto deste valado.

Responder

8 + 18 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies