O PP pide a apertura e acceso á cafetería do Vello Cárcere para comprobar o seu estado tras máis de catro anos pechada

By 27 Novembro, 2021Novembro 29th, 2021Cultura, Infraestruturas

Antonio Ameijide recorda que hai máis de catro anos dende a inauguración deste centro cultural sen que ningún dos gobernos de Lara Méndez conseguise abrir esta cafetería, bautizada polo goberno local como a instalación coas mellores vistas da cidade, pero que segue pechada

Máis de catro anos despois da inauguración do Vello Cárcere, a cafetería deste centro cultural segue pechada a cal e canto sen que o goberno local de Lugo faga algo por abrir este espazo privilexiado aos lucenses.

Unha situación ante a que o vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, reclama “traballo e dilixencia” para sacar a licitación os pliegos da cafetería do Vello Cárcere, unha instalación que o goberno de Lara Méndez cualificou no seu momento como a cafetería coas mellores vistas da cidade. “Vemos como xa estamos a piques de entrar no mes de decembro e a cafetería do Vello Cárcere segue pechada, e sen visos de abrir, a pesar de que o goberno de Lara Méndez asegurou que se licitaría en setembro pasado cunhas bases actualizadas para adecuarse ás inquedanzas do sector e á nova situación de pandemia”, afirmou.

Antonio Ameijide reclama unha solución para esta dotación, que unicamente pasa pola licitación dos pliegos para a súa adxudicación e posterior apertura, sobre todo despois de comprobar que xa se realizaron as obras para dotar dunha entrada independente á cafetería. “Vemos como o gran problema, que era compartir entrada coa zona musealizada xa se solucionou, polo que agora veremos cal é a escusa para non sacar a licitacións os pliegos de contratación da cafetería”, sinalou.

O concelleiro popular recorda que a construción desta entrada independente se realizou a través dun contrato menor, cun valor de 24.709€. Unha vez solucionado este problema, algo que o PP pediu durante moitos anos, “non entendemos o motivo de manter pechada esta instalación, seguramente a razón sexa a falta de traballo deste goberno local”. “Queda claro que boa parte dos problemas do Concello de Lugo son froito dunha mala planificación do bigoberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo”, sinalou.

Ante a inacción do goberno local, os populares anuncian que pedirán acceso á cafetería do Vello Cárcere para comprobar in situ en que estado se atopa, xa que nestes máis de catro anos que leva pechada ao público hai instalacións e material que se puido danar.

Leave a Reply

1 × one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies