Seguridade

O PP pide á alcaldesa que siga a estela de Sánchez e apoie iniciativa para desaloxar en 24 horas aos okupas

By 28 Setembro, 2022Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo invita aos socialistas a votar a favor da iniciativa que levan mañá ao pleno para poñer fin as okupacións ilegais de vivendas e asegura estar á espectativa do que suceda mañá no concello

O Partido Popular defenderá no vindeiro pleno tres iniciativas a primeira delas ten que ver coa problemática dos okupas na que solicitan a unanimidade do pleno para solicitar ao Goberno Central poñer fin a ocupacións ilegais de vivendas en 24 horas.

Ramón Carballo agarda que logo da “repentina promesa do PSOE” de que van desaloxar aos okupas en 48 horas, o lóxico é que respalde a proposición que levamos mañá ao pleno.

O voceiro popular  pregúntase de forma irónica “como deben estar os sondeos que manexa o PSOE para cambiar, agora, de forma radical de opinión”. “O nerviosismo tamén está provocar que a propia alcaldesa de Lugo se comprometa coa cidadanía a prestar asesoramento aos afectados copiando a proposta que o Grupo Municipal leva facendo dende hai anos e a cal ela votou, de forma sistematica, en contra”.

Para Carballo  “este cambio de actitude reflexa a categoría de cada quen, e quen traballa só en clave electoral”.

Os populares lembran como a proposta dos socialistas, de hai uns días, para que se faga unha modificación lexistlativa para desaloxar aos okupas nun máximo de 48 horas dende que o pide o propietario ou se recibe o atestado policial estaba recollida no plan antiokupación de Pablo Casado do ano 2020.

A segunda proposición ten que ver coa mellora das conexións de Lugo. Os populares lamentan o “conformismo e a pleitesía da alcaldesa de Lugo con Pedro Sánchez” e arremeten contra “o retraso en infraestructuras clave para Lugo como son a A-54 polo que reclaman que se  priorice a súa finalización”.

Os populares esperan que a alcaldesa de Lugo vote a favor desta iniciativa e lle pide que aplique co goberno de Madrid a  mesma intensidade de presión que demostra coa Xunta de Galicia á hora de reclamar infraestructuras para o concello.

Carballo resumía que “o único transporte decente que ten a cidadanía de Lugo para comunicarse co resto de Galicia e do Estado é por carretera xa que, neste momento, temos a A-6 cortada, a A-54 parada (Lugo-Santiago) e da A-56 non sabemos nada”.

Axenda cultural única

A terceira proposición que defenderán os populares ten que ver coa necesidade de que Lugo conte cunha axenda cultural en coordinación con outras administracións e entidades culturais do municipio para evitar contraprogramacións ou solapamentos.

Responder

twelve − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies