InfraestruturasZona rural

O PP pedirá no pleno que o goberno local realice un estudo sobre a cobertura de fibra óptica no rural para facilitar o acceso aos veciños

By 25 Abril, 2022Sin comentarios

Ramón Carballo ve preciso, para garantir a igualdade de oportunidades aos veciños do rural, que o Concello de Lugo realice as xestións oportunas para esixir, incentivar e fomentar que as distribuidoras faciliten o acceso á fibra óptica ao maior número posible de veciños

O Grupo Municipal do Partido Popular propón realizar un estudo integral sobre a cobertura da rede de fibra óptica na zona rural do municipio de Lugo, determinando as necesidades dos diferentes núcleos de poboación e que o Concello de Lugo, en base aos datos obtidos, leve a cabo todas as medidas e xestións posibles para esixir, incentivar e fomentar que as compañías distribuidoras de fibra, faciliten o acceso á fibra óptica ao maior número posible de veciños do noso municipio.

Explica o voceiro municipal popular que nos últimos días se mantiveron diversas xuntanzas con simpatizantes e colaboradores das parroquias do rural, ademais de reunións en diferentes parroquias, todas solicitados polos propios veciños, para expoñer as súas peticións, sendo unha delas común a moitas parroquias: o acceso á fibra óptica.

Dende o Grupo Municipal Popular viron como nos últimos días Paula Alvarellos asinaba o decreto que desbloqueaba o Plan de Despliegue dunha rede de acceso de nova xeración baseada na arquitectura de fibra ata o fogar, tendo como ámbito unha serie de entidades singulares situadas en diferentes núcleos rurais de poboación pertencentes ao Concello de Lugo, presentado por unha empresa privada.

Plan que inclúe unha serie de núcleos rurais do Concello de Lugo pero deixa moitos fora desta programación. É certo que Lugo é un concello cunha elevada extensión de terreo, pero non é menos certo que non se debería tratar aos veciños das diferentes parroquias con diferencias substanciais nos servizos que se lles ofrecen, polo que semella menos oportuno deixar en mans dunha empresa privada a decisión de que núcleos serán bendicidos cos servizos ofertados.

Dende o Grupo Municipal Popular pensamos como este plan fai referencia a unha limitada relación de zonas de despliegue, pero que recolle a posibilidade de amplialas, cómpre realizar un estudo que determine con criterios obxectivos cales son as zonas que precisan deste servizo, con rigor e sensibilidade.

Ramón Carballo sinala que cos datos obtidos deste estudo o goberno local debe levar a cabo todas as xestións posibles coas operadoras, de cara a que se garanta a cobertura de fibra óptica en todos os núcleos de poboación.

“Se queremos asentar poboación nas parroquias do rural e que tamén se creen empresas debemos apostar por achegar estes servizos para poder traballar e ter o mesmo acceso á prestación que os núcleos urbanos”, afirmou. O acceso á fibra óptica permite que casas rurais, ganderías, cooperativas ou calquera outra iniciativa, podan competir no mercado en igualdade de condicións a aquelas que se atopan nas cidades ou polígonos industriais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies