Economía

O PP pedirá ao pleno “unidade” para instar ao Goberno central a acordar un plan económico e fiscal que beneficie a todos os cidadáns

By 9 Xuño, 2022Sin comentarios

Ramón Carballo sinala que o seu grupo defenderá no pleno unha iniciativa para instar ao Goberno de España a deseñar un Plan Nacional para a mellora da efectividade e calidade do gasto público que permita establecer medidas para a modernización e reforma das administracións públicas, que permita un aforro e racionalización do gasto

O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá o apoio do pleno para que o Concello de Lugo inste ao Goberno de España a deseñar un Plan Nacional para a mellora da efectividade e calidade do gasto público que permita establecer medidas para a modernización e reforma das administracións públicas, que permita un aforro e racionalización do gasto.

Así o explica Ramón Carballo, que sinala que o que buscamos é que “dentro deste acordo detállanse medidas para racionalizar o gasto burocrático, aplicar unha baixada de impostos ás clases medias e baixas para compensarlles do aumento da inflación, o redeseño dos fondos europeos para facelos máis útiles e emprender reformas estruturais a medio prazo para incentivar a actividade económica”.

Dentro destas medidas que propoñen os populares está a mellora do deseño do Plan Recuperación Transformación e Resiliencia para facelo máis áxil de xeito que o financiamento chegue ás empresas e familias de forma inmediata e para que as reformas sexan transformadoras; intensificando entre outras medidas, o uso de incentivos fiscais extraordinarios e temporais.

Para os populares tamén é imporante que o Goberno de España avance nunha baixada de impostos selectiva, inmediata e temporal sobre os sectores máis afectados pola inflación, e para rendas baixas e mediascomo:

– No IRPF deflactar a tarifa nos tres primeiros tramos, ata 40.000€

– Crear no IRPF unha nova figura no mínimo persoal e familiar para rendas baixas e medias que se sitúan entre os 14.000 e os 22.000€

– Adaptar as retencións e pagos fraccionados para que as medidas de fiscais aprobadas teñan impacto automático e con efecto retroactivo desde o pasado 1 de xaneiro na economía das familias, empresarios e profesionais de forma inmediata

– Establecer un imposto negativo articulado como pago anticipado para persoas especialmente desprotexidas polo incremento do IPC para as rendas do traballo e de actividades económicas máis baixas sobre as que non hai obrigación de reterEstas son algunhas das medidas que propoñen os populares, que agardan que conten co apoio do resto dos grupos municipais xa que “dende o PP seguimos coa man tendida para ofrecer solucións en beneficio do interese de todos os cidadáns” nun momento no que os indicadores económicos alertan dunha retardación da economía.

Ramón Carballo explica que entre todos temos que ser capaces de chegar a acordos “xa que cada día son máis os cidadáns que perciben que a actitude de Pedro Sánchez negándose a dialogar e pactar con Feijóo un plan económico evidencia que a situación é similar á que se viviu con Rodríguez Zapatero, que levou ao noso país a unha crise económica que tivo que resolver anos máis tarde un goberno do PP”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies