Accesibilidad

O PP pedirá ao pleno o apoio para mellorar a accesibilidade das zonas verdes de Lugo

By 19 Abril, 2022Sin comentarios

Macamen López Silva explica que se pedirá que o Concello de Lugo elabore un plan de accesibilidade ás zonas verdes da cidade que garanta que as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida poidan disfrutar da riqueza das nosas zonas verdes

O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá no pleno da próxima semana que o Concello de Lugo elabora un plan de accesibilidade ás zonas verdes da cidade que garanta que as persoas con discapacidade poidan disfrutar da riqueza das nosas zonas verdes.

Explica Macamen López Silva que nun paseo polas distintas zonas verdes da cidade, ponse de manifesto o mal estado dos accesos ás mesmas. Obstáculos no chan ou pendentes de acceso moi pronunciadas fan que estas contornas naturais sexan inaccesibles para aqueles usuarios de idade avanzada ou con limitacións de mobilidade.

Nunha revisión realizada pola concelleira popular comprobouse como algún espazo que dispón de aparatos de ximnasia biosaudable, e outros que serían susceptibles da súa instalación e que suporían un bo reclamo para usuarios destas características, non se poden usar debido ao abandono e á falta de previsión, “polo que son inaccesibles para estas persoas”.

As persoas con diversidade funcional son titulares dos mesmos dereitos que o resto dos cidadáns e as administración locais deben ser quen de garantir que poidan disfrutar en igualdade de condicións de todas as dotacións das que dispón cada un dos municipios.

A Unión Europea identificou na súa ‘Estrategia Europea 2020’ ao ‘Envejecimiento Activo y Saludable’ como un dos grandes retos de todos os países europeos. “O noso concello non pode quedar a marxe destas iniciativas e debe dar resposta a este reto dando a posibilidade de disfrutar de actividades de ocio, tanto en xeral como en espazos naturais, a todos os cidadáns independentemente das súas características persoais”, subliñou.

O Concello de Lugo non pode manter a súa materia pendente na accesibilidade, sexa cal sexa a súa localización ou o seu destinatario. Cómpre levar a cabo unhas actuacións mínimas e inmediatas que solucionen os casos máis curiosos para logo ir ampliando as actuacións de xeito que abarque a todas as zonas verdes da nosa cidade.

Responder

six + 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies