O PP non entende que Lara Méndez vote en contra de que o Concello siga a traballar porque o casco histórico sexa Patrimonio da Humanidade

By 30 Setembro, 2021Cultura

Os populares lamentan que Lara Méndez metese nun caixón a proxecto para acadar o nomeamento do centro da cidade como Patrimonio da Humanidade, algo fundamental para revitalizar a economía da cidade.

En San Froilán do 2019 a alcaldesa de Lugo sumábase a unha iniciativa para iniciar os trámites precisos para que o Casco Histórico de Lugo fose candidato a Patrimonio da Humanidade. Unha iniciativa que non chegou a fraguar e que é unha lástima non retomar, xa que toda actividade que axude a traer actividade económica e a facer da cidade un lugar acolledor para os seus habitantes é fundamental de cara ao futuro. Fagamos de Lugo unha cidade atractiva para os seus veciños e para os visitantes. .

Habida conta de que no ano 2000 a declaración da Muralla supuxo un punto de inflexión no que a turismo se refire, e que esta é unha das actividades motoras da nosa cidade, é o momento de dar o pulo definitivo á nosa cidade en materia de turismo.

Poucas cidades teñen a riqueza patrimonial, cultural e natural que ten a cidade de Lugo. Cada recuncho da nosa cidade ten unha historia e é a nosa obriga rentabilizar os recursos dos que dispón para facer de Lugo un destino atractivo. Se se fai un traballo serio e se presenta unha candidatura traballada e ambiciosa poderíamos ser a única cidade que teña catro bens declarados Patrimonio de la Humanidad.

Pero para levar a cabo esta iniciativa compre poñerse a traballar a reo para facer do Casco Histórico un candidato solvente e merecedor desta distinción, temos a obriga de coidar o legado que recibimos e de poñer en valor a riqueza da cidade. Pero a realidade é tozuda e a día de hoxe temos un recinto amurallado que está moi lonxe de ser un lugar do que sentirse orgullosos. É difícil estar conforme cando vemos a zona da Catedral nas noticias nacionais polos efectos do botellón, sen que haxa ningún plan de limpeza, de prevención de botellón, ou de ocio alternativo para os rapaces que buscan nestas zonas ocupar o seu tempo de lecer.

Pero non vale aferrarse a estatísticas e datos, é verdade que Lugo é unha cidade segura, pero é importante que os veciños e veciñas da cidade sintan esa seguridade, que se maximice a prevención en todos os ámbitos coa fin de minimizar as consecuencias das agresións ao patrimonio e mellorar a seguridade das persoas. Un sistema de videovixilancia, presencia policial, medios legais que sirvan de apoio ás actuacións policiais e axuden a velar por unha boa convivencia nas nosas rúas son fundamentais para respaldar unha candidatura solvente que represente unha oportunidade para a cidade de Lugo.

Esta candidatura é un proceso largo, compre empezar a traballar nos permisos precisos para a instalación de sistemas disuasorios e de control, para axudar a previr delictos e tamén a resolvelos, pero debe ser un traballo coordinado e encamiñado a un obxectivo final, acadar a nominación de Patrimonio de la Humanidad.

Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Que o Concello promova un PACTO DE IMPULSO DO CASCO HISTÓRICO co obxectivo de presentar a candidatura do mesmo  a ben Patrimonio da Humanidade.

Leave a Reply

4 × three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies