Fondos europeosObras

O PP levará a Europa a xestión dos fondos europeos en Lugo

By 29 Outubro, 2024Sin comentarios

• Elena Candia: “Os fondos europeos deben ser un impulso positivo para Lugo, e non unha fonte de problemas que freen o potencial do concello”.
• Adrián Vazquez: “O comercio é a alma das cidades europeas, e é importante que a UE adopte unha estratexia clara para impulsalo”

Martes 29 de outubro de 2024

Na reunión que tivo lugar esta mañá coa Asociación Lugo Monumental e na que participou o eurodeputado do PP, Adrián Vázquez Lázara, xunto coa voceira popular Elena Candia e concelleiros do Grupo Popular se acordou trasladar á Unión Europea a situación derivada dos fondos europeos destinados ao casco histórico da cidade

Os retrasos das intervencións e a falta de planificación están provocando peches de comercio local (como o que coñecíamos esta mesma semana que establecía unha relación de causa con estas obras) así como sucesos que afectan á seguridade da veciñanza con caídas frecuentes, por mor das obras, como a que tivo lugar esta mañá.

Os comerciantes están preocupados porque as obras de peonalización, financiadas por Europa, lonxe de apuntalar o crecemento e a dinamización desta zona, está a provocar incertezas e graves prexuízos como así o reflicten os transtornos que provocan nas actividades económicas.

O eurodeputado Adrián Vázquez tras escoitar aos representantes de Lugo Monumental reflexionaba que “o que está facendo a alcaldesa de Lugo cos fondos europeos é inaceptable” engadindo que “o diñeiro europeo está para o que está: ou sirve para impulsar e modernizar as nosas cidades, ou non sirve para nada”

A voceira popular explicou que “os recursos europeos deben ser sinónimo de progreso e non de despilfarro” e que deberían servir para mellorar a calidade de vida dos lucenses cando a realidade dos proxectos que o PSOE e o BNG fixeron en Lugo son: unhas caldas pechadas; un edificio verde sen utilidade e un carril bici deteriorado e sen uso polo que seguimos pagando cartos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies