Sen categoría

O PP leva ao pleno unha iniciativa para reclamar o impulso definitivo da supresión dos pasos a nivel no municipio de Lugo

By 18 Xullo, 2026Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular defenderá no vindeiro Pleno unha inicaitiva para reclamar que se desbloqueen e impulsen definitivamente as actuacións comprometidas para a eliminación dos pasos a nivel existentes no municipio de Lugo.

Os populares lembran que se trata dunha reivindicación histórica da veciñanza e dunha actuación imprescindible para reforzar a seguridade e mellorar a mobilidade nas parroquias afectadas.

Esta petición preséntase cando se cumpren 3 anos  do tráxico accidente no que perderon a vida dous mozos ao ser arroiado o vehículo no que viaxaban por un tren de pasaxeiros. Un suceso que puxo de manifesto, dunha forma dramática, a necesidade de avanzar sen máis demoras na eliminación deste tipo de cruces.

Desde o PP subliñan que, malia os anuncios realizados por ADIF e os compromisos adquiridos ao longo dos últimos anos, a realidade é que moitas das actuacións previstas continúan pendentes de execución.

“Non podemos permitir que unha infraestrutura directamente vinculada á seguridade das persoas siga acumulando atrasos. Falamos de pasos utilizados a diario por centos de veciños e veciñas e dunha demanda que non admite máis dilacións”, sinalan desde o Grupo Municipal Popular.

A formación popular lembra que xa reclamou en anteriores ocasións que o Concello exercese un papel máis activo ante ADIF para facer seguimento destes proxectos e esixir o cumprimento dos prazos comprometidos.

A través desta moción, o Partido Popular solicitará o apoio de toda a Corporación para instar a ADIF e ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a acelerar a execución das actuacións pendentes, así como para que o Goberno local manteña un seguimento permanente da súa tramitación e reclame o cumprimento dos compromisos adquiridos.

“Agardamos que esta reivindicación histórica deixe por fin de ser unha promesa pendente. A seguridade dos lucenses debe estar por riba de calquera atraso administrativo”, conclúen os populares.

Responder