CulturaEconomíaServizos sociaisTransparenciaTransporte urbanoTurismo

O PP lamenta que PSOE e BNG voten en contra de baixar tasas e impostos municipais aos hostaleiros e afectados polo covid

By 28 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo lamentou que o bigoberno “rexeitase apoiar esta iniciativa pedíndolle que deixasen de enrredar e facer oposición á Xunta de Galicia” destacando que o seu Grupo, pese a que non lle aceptaron unha enmenda de engádega, si amosou o seu apoio á proposta de cuño do PSOE-BNG sobre esta mesma cuestión

O voceiro do Grupo Popular retirou dous puntos da proposición da súa autoría sobre a creación dun fondo de cooperación Covid-19 “por coherencia co acordado onte na reunión entre Xunta, deputacións e concellos en relación coas axudas á hostalaría”. “Renunciamos ao puntos 1 e ao punto 2 porque, os pactos que se acadaron onte, supoñen un paso máis do que nós pedíamos, sería un sin sentido manter unha postura xa caducada”.

Os populares mantiveron o resto dos puntos relativos a que o bipartito se comprometa a estudar e, no seu caso, aplicar as demandas que o sector ten feito e que algunha delas non foron atendidas como son a redución ou exención das taxas municipais, á recollida do lixo e a auga así como a aplicación dos tipos mínimos legais no imposto sobre bens inmobles (IBI); bonificacións do imposto sobre contrucións, instalacións e obras (ICIO) en relación as licencias de obra que se soliciten co fin de adaptar os locais as medidas de seguridade impostas pola situación sanitaria e bonificación do imposto sobre vehículos necesarios para actividade (IVTM) no caso do comercio e hostalería.

Con respecto á proposición conxunta de PSOE-BNG sobre as achegas ao sector hostaleiro Carballo intentou que prosperase unha enmenda de engádega na que solicitaban Instar a Xunta de Galicia, Fegamp e Deputacións para que den cumprimento ao acordo que se tome na reunión que estas administracións celebrarán o vindeiro venres 29 de xaneiro con representantes do sector.

O voceiro popular apelou á responsabilidade “sexan razoables porque se esgota o tempo e hai que axilizar prazos” engadindo que “eu son dos que penso que en cuestións como esta, na que falamos do futuro de moitas familias lucenses require unha resposta institucional integral, aquí non caben os partidismos”.

“Aos moitos hostaleiros que intentan sobrevivir como consecuencia desta pandemia, élles difícil de comprender, que haxa Deputacións como a de Lugo, que frenen a petición dos propios afectados que reclaman que sexa a Xunta quen xestione os fondos covid”. “Espero que hoxe todos esteamos á altura que require a toma de decisións sobre un asunto deste calado” concluía o popular.

Proposición Gratuidade Autobuses

Os populares acadaron a unanimidade do pleno para que coa entrada en vigor das novas liñas de transporte urbano, tamén se aplique a gratuidade do servizo para menores, familias con escasos recursos e xubilados, así como a creación dunha APP, transbordos gratuítos… un acordo que agardan se plasme con axilidade e non sexa un dos moitos acordos impulsados polo Grupo Popular e que quedaron gardados nun caixón.

Un debate plenario no que quedou patente, unha vez máis, a división existente no goberno local de Lugo, xa que mentres os populares acadaron o apoio dos grupos de Cidadáns e do BNG, o apoio do grupo socialista chegou despois dunha chamada de atención da alcaldesa a Rubén Arroxo, responsable do servizo, por sentarse a traballar e a negociar as novas liñas cos edís populares.

 

Rede Ciudades Amiga dos Maiores

O Grupo Popular tamén conseguiua unanimidade do pleno para que o Concello de Lugo se una á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores, promovida pola OMS no ano 2010 coa fin de buscar lugares que fagan da súa contorna un lugar mellor para envellecer dignamente e con calidade, polo que consideramos que Lugo, unha cidade cunha porcentaxe alta de poboación maior, debe integrarse en dita rede paradar aos maiores da cidade a oportunidade de pasar os últimos anos das súas vidas nun entorno amigable e amable, que lles ofreza a posibilidade de ter unha boa calidade de vida.

 

Auditorio Campus

O bigoberno sentencia ao anfiteatro situado no aire libre na vaguada do Campus a seguir degradándose, logo de votar en contra dunha iniciativa do PP para recuperar este espacio de 2500 prazas e escenario de 800 m2, como lugar para actividades culturais seguras.

Para os populares “está claro que o BNG non quere representar aos lucenses, pois sendo unha iniciativa claramente boa para todos os veciños, a Concelleira de Cultura opuxose e negouse a xestionalo argumentando que era algo que tiña que facer a Deputacion, sendo ela mesma a Vicepresidenta deste organismo ”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies