Medio Ambiente

O PP lamenta que os lamparóns de graxa das parrillas do Arde Lucus segan sen limpar 16 días despois da festa

By 18 Xullo, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Ana López Pombo critica as deficiencias no aseo urbano á vez que reclama que durante o verán se mellore a calidade do servizo “incrementando a frecuencia do baldeo tanto no casco histórico como noutras áreas saturadas como A Milagrosa ou Fontiñas”.

O Grupo Popular solicita un dispositivo especial de limpeza no casco histórico durante o verán para mellorar a calidade do aseo urbano nunha zona que é un dos principais escaparates de Lugo durante o verán. A concelleira popular Ana López Pombo afirma que “a periodicidade coa que se emprega o sistema de limpeza con auga a presión nesta zona é insuficiente” e como proba gráfica presentou imaxes das manchas de graxa que quedaron, trala celebración hai máis de dúas semanas do Arde Lucus, en Prazas tan emblemáticas como a da Soedade ou a de Anxo López Pérez e tamén aludiu ao caso dos hosteleiros da Praza do Campo que aseguran que están contratando reforzos puntuais, pola súa conta, para ter en perfecto estado de revista a zona.

A popular lamenta a lentitude coa que os socialistas abordan a adxudicación do novo concurso de limpeza xa que logo de catro meses, dende que caducou o contrato, ainda non elaboraron o novo prego de condicións do servizo. López Pombo suxeriu que, neste documento, se especifique a frecuencia dos baldeos para evitar que quede ao libre albedrío do goberno de turno; tamén propoñemos que se marquen os periodos de reforzo e incluso suxire que se estude a posibilidade de realizar a limpeza das terrazas con auga a presión durante o periodo estival para completar el aseo diario ao que están obrigados os propietarios dos negocios “estaríamos falando dun repaso en profundidade destes espacios” lembrando que é obriga dos hosteleiros o mantemento en óptimas condicións”.

A popular afirma que nestes meses estivais, cando se pasa máis tempo na rúa e nos diferentes espazos públicos se xenera moita máis suciedade e residuos, polo que é de sentido común que se intensifique a limpeza.

A edil do Partido Popular lembrou que o 31 de marzo caducou o contrato con Urbaser e que se está pagando con reparos de legalidade cada mes preto de 600.000 euros “se tivesemos todo en regra aforraríamos cartos e conseguiríamos unha mellor prestación”. É unha mágoa que a estas alturas, e tratándose dun servizo esencial como este, os socialistas non fosen capaces de resolver esta adxudicación.

Responder

8 − three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies