O PP lamenta que o caciquismo moderno de Liñares sexa a folla de ruta dos contratos menores de Méndez e Arroxo

By 24 Febreiro, 2021Economía, Transparencia

O Grupo Popular reta á alcaldesa a aportar documentación que clarifique se compraron os toldos e sombrillas do CEI Nodus “só queremos saber se os datos facilitados no Portal de Transparencia Municipal recollen escrupulosamente e de forma veraz todas as contratación realizadas en 2020 ou se pola contra falsean a realidade”

O Grupo Popular que solicitou hai 16 días acceso a 77 expedientes de contratos menores seguen sen ter a información requerida polo que hoxe fixeron unha petición “por cuatriplicado á alcaldesa, á responsable de economía e aos departamentos de intervención e tesourería para que completen a documentación relativa aos 1.343 contratos menores que PSOE e BNG fixeron en 2020 e nos que gastaron 6,7M€” engadindo que “queremos que certifique se os datos son reais ou falsos como confirmou Mauricio Repetto”. “Vémonos obrigados a facer esta petición porque no concello de Lugo non lles interesa ter a un responsable de transparencia que vele pola claridade neste tipo de procedementos e se despreocupan de que a documentación publicada cumpra cos mínimos esixidos pola lexislación, que teñen que ocultar” manifestou o vicevoceiro popular.

Para Antonio Ameijide “resulta vergoñento e triste que nos últimos anos, no concello de Lugo cada vez haxa máis opacidade e se abuse desta fórmula administrativa que debería únicamente usarse para imprevistos”. Dende o PP nos últimos meses denunciamos varios casos de fraccionamentos, ou de facturas ao límite da cifra legal, para dárlle a dedo traballos a afíns do bipartito”.

“O caciquismo moderno que inaugurou o señor Liñares, que hoxe está sentado no banquillo, semella ser a súa folla de ruta deste bigoberno” matizando que “é lamentable que o Lara Méndez non corrixa este tipo de prácticas pero é moito máis desprezable que Rubén Arroxo, que tanto criticou este modelo, se sume ao carro, e todavía o faga peor, tecendo una rede de contratos menores a dedo posiblemente para financiar a afíns ao BNG”.

O Grupo Popular o único que quere saber é se a alcaldesa socialista e o vicealcalde nacionalista “fixeron máis compras falsas ou compras que xustifican en documentos oficiais e logo non aparece o material”. Ameijide matizaba que “queremos saber algo tan simple como se a información facilitada é veraz e recolle os datos de todos os contratos realmente realizados, ou se pola contra falsea a realidade como afirmou Mauricio Repetto cando acreditaba que varios contratos que figuraban nesta listaxe, non existiron, e xustificouse con outros que non figuran nos listados.

O Partido Popular tamén solicitou por escrito, ata en tres ocasións, toda a listaxe de contratos menores realizados no ano 2019 sen que ata o de agora ninguén lle facilitase esta información, probablemente porque queren agochar contratacións máis que cuestionables como as que destapamos do ano 2020.

Leave a Reply

three × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies