Accesibilidad

O PP lamenta que o bipartito renunciase a Diversiarte e suprimiese o manifesto do día da discapacidade

By 27 Decembro, 2020Decembro 30th, 2020Sin comentarios

O Grupo Popular quere saber os motivos polos que o bipartito de Lugo renunciou este ano a montar o tradicional mercado de Diversiarte “un mercado, que se leva facendo dende 2005 coa intención de visibilizar o labor que realizan as entidades sociais, que traballan 365 días do ano en diversos eidos da discapacidade ou con distintas doenzas”.

Macamen López Silva explica que hai fórmulas para recuperar, coas medidas sanitarias precisas, esta feira na que participan unha trintena de entidades poñendo como exemplo “o mercado de Nadal que monta a Deputación”. A edil lamenta que “se perda unha oportunidade para que a cidadanía aporte o seu gran de area a ditos colectivos” lembrando como “neste mercado tamén se  atopa información das distintas entidades así como distintos produtos elaborados nas súas asociacións”.

Por este motivo os populares presentarán un rogo en comisión para que o concello de Lugo organice, na datas que consensúe coas entidades afectadas, o tradicional mercado de Diversiarte de forma que se garantan todas as medidas de seguridade  que se recomendan.

A popular tamén recriminou que, dende o Concello, non se fixera o pasado día 3 de decembro o manifesto do Día Internacional da discapacidade  achacándoo “á falta de interese polo esforzo e traballo das entidades que traballan con estes colectivos, así como, á falta de empatía co colectivo de persoas con discapacidade funcional”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies