Limpeza

O PP lamenta que Lara Méndez tardase cinco anos en regularizar o contrato da limpeza, que hoxe entrou en vigor

By 1 Agosto, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide agarda que a nova empresa concesionaria devolva a Lugo a imaxe de limpeza que nunca se debeu de perder, xa que con Lara Méndez coma rexedora Lugo acadou a dubidosa honra de ser a cidade máis sucia das sete grandes cidades de Galicia

Hoxe comezou a funcionar en Lugo a nova concesionaria que do servizo de limpeza municipal, unha regularización do contrato que chega cinco anos e medio tarde (o contrato caducou o 31 de marzo de 2017) e que dende as filas populares agardan que sirva para devolver a Lugo a imaxe de limpeza que nunca se debeu perder.

Sinala Antonio Ameijide que “chega moi tarde” esta regularización do contrato e, polo visto, “a nova empresa concesionaria ten moito traballo por diante”. Explica o concelleiro popular que, moi preto das instalacións da nova concesionaria, pode verse o abandono e falta de aseo de Lugo, xa que o polígono de O Ceao está cheo de lixo e hai moitos puntos nos que a maleza invade as beirarrúas, polo agardamos que comece a cambiar a imaxe de suciedade dende xa”.

Unha situación que hai que corrixir de inmediato, xa que con Lara Méndez como alcaldesa Lugo acadou a dubidosa honra de ser a cidade máis sucia das sete grandes cidades galegas, un motivo máis para non entender a demora en poñer en regularizar este servizo, que é o máis custoso para as arcas municipais e que supera os 100M€.

Responder

five + 19 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies