Infraestruturas

O PP lamenta que as desavinzas entre PSOE e BNG impiden o arranxo dunha parte da rúa dos Canteiros

By 6 Agosto, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares recordan ao goberno local o seu compromiso de arranxar a parte da rúa dos Canteiros que une o polígono do Ceao coa N-VI xa que os grandes afundimentos que hai na vía dificultan a circulación, poñendo en risco aos seus usuarios

O Grupo Municipal do Partido Popular defendeu no pleno do mes de xuño un rogo para que o goberno local arranxara unha parte da rúa dos Canteiros, que une o polígono do Ceao coa N-VI, unha proposta que o goberno local asegurou tería en consideración e que se realizaría.

Pero a realidade é que dous meses despois, os usuarios deste polígono industrial e veciños da zona seguen a demandar o arranxo inmediato desta parte desta rúa xa que “é imposible circular por ela”. Os populares desprazáronse de novo ata a zona e comprobaron como o estado foi a peor e que “circular é unha tarefa case imposible”.

Seguramente a pista aínda non se arranxou debido ás desavinzas dentro do goberno local. Os populares dirixiron o rogo á area de Infraestruturas, dirixida por Alexandre Penas, pero quen atendeu o rogo no pleno foi o responsable de Medio Rural, Miguel Fernández. “Seguramente non se poñen de acordo en ver quen ten as competencias sobre o arranxo desta rúa, ou máis ben sobre quen non ten as competencias, polo que ao final son os propios veciños os que sofren as tiranteces existentes dentro do goberno local”, lamentan.

A situación desta parte da rúa dos Canteiros urxe o seu arranxo, sobre todo xa que a usan moitos empregados das empresas do polígono e transportistas xa que lles aforra moito tempo nos seus desprazamentos, ademais dunha empresa de caravanas que hai na zona.

A realidade é que a día de hoxe as dificultades para circular son moi grandes “chegando a ter que conducir en zig-zag, dun lado a outro da estrada. Moitos vehículos non poden nin pasar ao dar os baixos no asfalto”.

Por iso, dende o Grupo Municipal Popular seguen a insistir na necesidade de arranxar esta vía para garantir a seguridade dos seus usuarios.

Responder

eighteen − 18 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies