Infraestruturas

O PP lamenta que a alcaldesa de Lugo quede soa defendendo a un PSOE que no Cumio Ibérico castigou a Lugo e a Galicia

By 7 Novembro, 2022Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide pide un pronunciamento de Lara Méndez, na súa dobre condición de alcaldesa e presidenta do Eixo Atlántico, na mesma sintonía das declaracións do o Secretario Xeral deste organismo que manifestou a súa decepción polo desprezo que supuxo esta xuntanza

O PP lamenta que Lara Méndez, que na súa dobre condición de presidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo, quede muda diante do desprezo de Pedro Sánchez no Cumio Ibérico que se celebrou en Viana do Castelo.

Os populares queren saber se Méndez subscribe as declaracións do Secretario Xeral do Eixo Atlántico nas que fala de “desprezo a Galicia e a Portugal, por pasar máis tempo xantando que falando de asuntos relevantes para ambos territorios” ou se pola contra “aplaude como se nos ningunea desde o goberno de Sánchez”.

O vicevoceiro popular pídelle a Méndez “que demande investimentos do Estado en infraestructuras de Galicia coas mesmas gañas e forzas que o fai coa Xunta de Galicia”.

Os populares conclúen afirmando que “o cumio Ibérico que se celebrou en Viana, cidade coa que Lugo está irmandada, foi unha total decepción para todos os lucenses” e insiste en que Lugo necesita políticos valentes que sexan reivindicativos con todas as administracións independentemente da cor política que teñan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies