Economía

O PP lamenta a deriva dictatorial do PSOE e o BNG que rexeitan convocar a Mesa de Ordenanzas

By 28 Outubro, 2021Sin comentarios

O Grupo Popular está perplexo pola arrogancia coa que os socialistas e nacionalistas despacharon a man tendida do PP para mellorar a política fiscal para o vindeiro ano 2022

Nestes momentos nos que se inicia a recuperación das dificultades económicas, por mor da pandemia, faise preciso estar a carón dos que máis o precisan, é o momento de levar a cabo un paquete de propostas enfocadas á recuperación do tecido social e empresarial da nosa cidade. Son os concellos os que teñen un papel determinante na xestión da era post-covid xa que a súa próximidade aos veciños os fan coñecedores de primeira man dos problemas reais que se suceden na cidade.

A situación actual debe levar a que as administración locais enfoquen e reforcen, de xeito transversal, as áreas nas que as súas competencias lles permiten prestar apoio aos tecidos produtivos locais para intentar paliar os danos económicos que a pandemia deixou no seu camiño.

O Grupo Municipal do Partido Popular presenta unha bateria de modificacións nas ordenanzas fiscais co obxecto de introducir melloras en apoio aos sectores económicos máis afectados pola covid e que contribúan á reactivación económica e social do municipio.

Noticias como a recollida recentemente nos medios de comunicación sobre o estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) que afirma que Lugo está á cabeza das capitais galegas no tipo de gravamen do IBI é un indicativo de que non se están a cumprir os obxectivos que se marcaron en sesións plenarias anteriores e, en lugar de aliviar as cargas económicas da veciñanza, estase a asfixiar de xeito inxustificable a quen é o eslabón máis débil.

Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Convocar de xeito inmediato a Mesa de ordenanzas e adquirir o compromiso de reunir este órgano anualmente cos prazos precisos para recoller as achegas dos grupos políticos, económicos, sociais… e da veciñanza en xeral.
  1. Consensuar a modificación das ordenanzas co obxectivo de buscar fórmulas de captación de empresas, incentivos fiscais e creación de emprego que beneficie ao tecido empresarial e social da nosa cidade así como a toda a veciñanza, reducindo a carga fiscal que están a soportar as familias da nosa localidade.

Responder

two + fourteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies