Zona ORA

O PP ironiza con que “o follón da ORA e a cascada de dimisións son os únicos éxitos coñecidos da alcaldesa”

By 27 Outubro, 2015Xaneiro 13th, 2016Sin comentarios

Jaime Castiñeira afirma que “unha situación que debería ser excepcional se está convertendo en algo habitual” en relación a que nun prazo de catro meses xa renunciaron a acta de concelleiros 3 dos 8 que sairon elixidos nas municipais

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular afirmou que “situacións que deberían ser excepcionais se están convertendo en habituais” dese xeito se refería á última dimisión dun concelleiro socialista do goberno de Lugo.

Jaime Castiñeira explicou que “o abandono por motivos políticos, nun prazo de catro meses, de 3 dos 8 edis da lista do PSOE reflicte os problemas que está a ter a alcaldesa dentro do seu propio equipo”. O popular refírese á marcha de Grandío, a de Santín e á forzada de Orozco que xa nin tan sequera chegou a tomar posesión. O popular subliñou que “só nos queda por saber quen vai ser o seguinte porque moito nos tememos que esto non vaia terminar aquí”.

Castiñeira explicou que “estas dimisións son froito das manobras socialistas que teñen como obxectivo evitar que goberne o Partido Popular malia que foi quen gañou as eleccións”.

Castiñeira teme que a dimisión de Grandio non sexa a última explicando que “os socialistas, de momento, perderon a tres puntais con experiencia e que tiveron un papel protagonista no cartel electoral do PSOE”. O voceiro do PP advirte que a marcha dos edis poda derivar a medio prazo nunha reestructuación do goberno “coas repercusións negativas que esto podería acarrear para axilizar tramitacións tan importantes como a xestión do ciclo da auga”.  Castiñeira lembrou como o último edil que abandonou o goberno local era o responsable da xestión deste servizo apuntando que “está claro que a desautorización da alcaldesa, a semana pasada, a Grandio con este asunto serviu de empuxón para que este abandonase o barco”.

Os populares ven lóxica esta desbandada preguntándose “como se pode estar ao lado dunha alcaldesa que cando pola maña di unha cousa e pola tarde desautoriza esta versión?”.

Diante deste espectáculo o voceiro popular ve complicado “evitar o naufraxio do goberno local” lamentando que “os perxudicados sexan, unha vez máis, os lucenses” xa que é previsible que “se ralenticen, ainda máis, asuntos que de por sí xa estaban máis que atascados”.

Por último o voceiro popular recomendou aos novos edis que entrarán na corporación que o pensen dúas veces antes de entrar no goberno xa que o panorama co que se van a enfrontar é complicado polas herdanzas envelenadas que deixou Orozco e os enredos que están montando a nova alcaldesa”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies