Cultura

O PP invita aos lucenses a un espectáculo para inaugurar “por arte de maxia” o novo Auditorio de Magoi

By 18 Xuño, 2022Sin comentarios

Os cidadáns que o desexen poderán asistir de balde a unha actuación co Mago Rafa que terá lugar na esplanada desta dotación cultural o vindeiro  mércores 22 de xuño ás 20.00 horas 

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo lembrou como durante os últimos 730 días o Grupo Popular mantívose firme na denuncia da situación de abandono na que se atopa o novo Auditorio de Magoi. Como colofón a estas accións públicas e reivindicativas o voceiro dos populares invita a través dun vídeo aos lucenses a participar nunha inauguración simbólica “por arte de Maxia” que se desenvolverá o vindeiro mércores 22 de xuño ás oito da tarde nas inmediacións deste inmoble. A partir desa hora os cidadáns que se acheguen ata a esplanada do Auditorio de Magoi poderán dun espectáculo máxico a cargo do Mago Rafa.

En el vídeo que hizo el PP para invitar a los lucenses a este acto algunos destacan que “un bo alcalde ou alcaldesa non tería unha infraestructura coma esta dous anos abandonada nun entorno selvático e sen un mínimo mantemento”. Outros opinan que o Gustavo Freire xa cumpriu con creces durante anos a súa función e cren que é hora de que se abran as salas deste edificio máis amplio, moderno e con tecnoloxía punteira. Os hai que recriminan a deixadez do goberno local  xa que nin tan sequera se pode disfrutar dos espazos da contorna deste infraestructura”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide reflexiona sobre “a importancia de poñer en funcionamento o Auditorio para reactivar a economía local, promocionar o talento da mocidade e contribuir á promoción das industrias culturais e creativas” e a presidenta Provincial do PP “ve este auditorio como o novo espazo de convivencia e tolerancia de Lugo onde se promova a diversidade cultural  local e provincial”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies