O PP insta ao BNG a que consensúe na Comisión de Festas o programa do San Froilán e que non impoñan o seu rodillo

By 12 Xullo, 2021Cultura

O Grupo Municipal quere recuperar o espíritu da Comisión de festas para conseguir “entre todos os grupos políticos consensuar unha programación das patronais de Lugo na que se de cabida a todos os gustos”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez amosou “o seu malestar pola forma coa que os nacionalistas nos despacharon na primeira e única reunión que houbo da Comisión de Festas”. Ou cambian de actitude ou nos veremos obrigados a abandoar a comisión por ese motivo solicitamos a Maite Ferreiro que clarifique “o modelo de patronais que queren facer xa que a pandemia nos obriga a planificar se cabe con máis tempo calquera acto público”.

A xuicio da edil popular “non é serio que nos empracen a unha segunda reunión para o mes de setembro para darnos xa pechado o seu programa: non estamos dispostos a ser convidados de pedra”.

O PP ten claro que “a opción máis segura e que permitiría controlar aforos de forma cómoda sería ter o novo auditorio de Magoi funcionando para acoller eventos, pero claro eso supón saber que contido dárlle e ter unha planificación económica para poñelo en marcha”.

Vázquez conclúe “o BNG amosa, coa complicidade da alcaldesa, a súa cara máis radical e antidemocrática: impoñen o rodillo para  contratar aos seus afíns a través de contratos menores”. “Nós estamos dispostos a tenderlles a man pero para iso deben mudar de sistema de traballo e recuperar o modelo de Comisión aberta e participativa para que  o San Froilán sexa de novo unha festa de todos”.

Leave a Reply

nineteen − ten =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies