EconomíaInfraestruturasServizos sociaisTráficoUrbanismo

O PP insiste na súa política útil con propostas en positivo para mellorar a vida dos lucenses

By 27 Outubro, 2022Sin comentarios

O PP consegue o respaldo en tres iniciativas: para que Lugo sexa sede da Axencia Estatal de Saúde, para demandar ao goberno do estado máis diñeiro para mellorar infraestructuras e para que o Ministerio de Transportes realice o mantemento da Ponte Branca sobre o Miño

O Partido Popular presentará alegacións á ordenanza de urbanismo para mellorala lamentando que “chegue tarde, que sexa ambigua nalgúns capítulos e que en definitiva non cumpra as expectativas coas que o goberno local a vendeu á cidadanía”.

Os populares xustifican a súa abstención comprometéndose a facer un traballo rigoroso para emendar, no prazo de exposición pública o documento.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide argumentaba esta posición asegurando que “desde o sector alértanos e tememos que coa ambigua redacción do artigo, poida haber problemas cos cambios de titularidade de negocios” e que puxo en tea de xuízo “que se mellore o asesoramento aos interesados xa que non garante a atención presencial” e “obsérvanse moitos deberes aos cidadáns e pouco compromiso por parte da administración”. Os populares tamén consideran inxusto “que senón se contesta de forma correcta ao primeiro requirimento desestímase a solicitude e habería que volver a iniciar o expediente e volver a pagar as taxas”.

O PP volveu a poñer en evidencia que un servizo prioritario como o de urbanismo estea colapsado “estamos falando de que se está emitindo o primeiro informe nun prazo de 10 meses, que se está tardando en obter licenzas  ano e medio no casco urbano, e  2 anos no rural.

 

Ordenanzas fiscais

O Partido Popular votou a favor de 2 ordenanzas fiscais, abstívose en 4 delas e en contra de 3. As tres ás que os populares se opoñen son a dos aproveitamentos especiais en vía pública (se se fai a comparativa dos prezos que se propoñen coa que está en vigor que é a do ano 2018 as subas a terrazas, obras… poden supoñer multiplicar o custo da taxa por 3); a dos vaos (non contempla a categoría fiscal e aplícase o mesmo coeficiente por un vao na rúa da Raíña que a un de Garabolos) e, por último o PP oponse a ordenanza do IBI porque considera que debe aplicarse unha rebaixa do 10% (pasando o coeficiente multiplicador de 0.67 a 0.6) dado que Lugo é o concello galego onde o IBI é máis caro.

No debate das ordenanzas fiscais, o PP acusa ao goberno local de pecharse en banda ás propostas que, ano tras ano, presenta o Grupo Municipal Popular que leva dende xuño de 2020 sen convocar a mesa de ordenanzas. Os populares lamentan que Paula Alvarellos falte á verdade intentando desprestixiar o traballo constructivo e útil que fai o Grupo Municipal e lémbralle como o 17 de outubro de 2019 presentou unha batería de propostas para mellorar a política fiscal municipal: no ano 2020 foi cando nos convocaron en xuño á mesa de ordenanzas e levamos as propostas en man que non se tiveron en conta; no 2021, o 6 de outubro solicitamos a reunión da Mesa de Traballo das Ordenanzas e o día 28 de outubro rexistramos ás propostas. Este ano 2022 solicitouse o pasado 14 de setembro que se convocara a mesa.

 

Respaldo maioritario da corporación para que Lugo albergue a Axencia Estatal de Saúde Pública

Os populares valoran o apoio maioritario da corporación (Cidadáns abstívose) á proposta do Grupo Municipal para reclamar que Lugo albergue a Axencia Estatal de Saúde Pública. Os populares cren que o Concello de Lugo é unha localización estratéxica dado que no noso concello temos o Laboratorio Central de Saúde Pública de Galicia “un centro de referencia nacional e internacional no deseño, implementación e avaliación de políticas públicas innovadoras no eido da saúde pública”. Carballo tamén salientou “que esta Axencia Estatal de Saúde Pública completaría a rede de infraestructuras punteiras que temos no municipio vinculadas a un sistema público de calidade” en alusión ao esforzo inversor do futuro Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia.

O PP quere situar a Lugo antes de que se abra o proceso oficial e se aprobe a lei de creación da Axencia co ánimo de conseguir o máximo apoio político e social para que este órgano se instale no municipio.

 

Ponte Branca

Os populares tamén acadaron o compromiso do Concello de Lugo para reclamar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o mantemento da Ponte Branca sobre o río Miño despois de comprobar como nos últimos días desprendéronse varias partes de formigón da mesma que, pese a non afectar á estabilidade da infraestrutura, supoñen un perigo para todos os veciños que a diario pasan polo paseo do Miño para practicar deporte ou camiñar.

 

Rexeitamento á mellora das prazas de aparcamento persoas con mobilidade reducida

O Grupo Popular solicitou aumentar número de prazas de aparcamentos para persoas con mobilidade reducida, un maior control para evitar fraudes, que se sinalice adecuadamente e, como cuarto punto, que se habilite unha APP para que indiquen onde hai espacios libres para que as persoas usuarias destas prazas coñezan onde poden estacionar. Unha proposta que se rexeitou no pleno.

Durante o debate a edil do PP demostrou que hai moito que mellorar neste eido e presentou unha foto de dúas prazas que hai diante da Casa Clara Campoamor onde hai varias entidades cuxos usuarios teñen problemas de mobilidade. As prazas que si están sinalizadas verticalmente están borradas con asfalto por riba.

 

Infraestructuras

O Grupo Municipal Popular tamén obtivo o apoio do pleno a outra proposta en positivo, para reclamar ao Goberno Central máis investimentos para avanzar nas infraestruturas claves para Lugo, como son: a finalización A-54 (autovía Lugo-Santiago), a A-56 (autovía Lugo-Ourense), a reconstrucción do viaducto derribado no Castro na A-6, impulso do ferrocarril en Lugo (cara a meseta por Ourense,  cara a Santiago e cara á Mariña), a redacción de estudios e proxectos para o desdobramento e iluminación do trazado da Rolda Norte (N-640) e da N-6 entre Garabolos e o enlace coa estrada N-540, a redacción de estudios para a execución de vías de servicio paralelas á autovía A-6 entre os puntos kilométricos 497 e 500 en ambos sentidos e a comisaria da Policía Nacional.

 

Emenda Banda Municipal

O PP logrou o consenso con Cidadáns cunha emenda á proposición para revitalizar a Banda de Música. A idea dos populares é darlles a categoría profesional que corresponde a este traballo. A popular invitou ao BNG e ao PSOE a que fixera efectivo o acordo de forma urxente dado que forma parte do goberno.

 

Conta Xeral 2021

No Grupo Popular non entenden como o goberno local pode afirmar que as contas do ano 2021 péchanse sen débeda cando no propio documento asinan unhas perdas de case 3M€.

A conta xeral do 2021 recolle unha mingua importante nos ingresos municipais, algo que advirte o propio interventor municipal pon sobre a mesa a “conveniencia da actualización das taxas e prezos públicos, á vista da licitación ou modificación de contratos actuais moi ambiciosos, cun incremento extraordinario do gasto público, que non están amparados polo correspondente aumento en materia de recadación de ingresos”.

Para os populares as contas do goberno local non son reais e poñen en risco as arcas municipais.

Responder

1 + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies