O PP insiste en habilitar un punto de recarga para coches eléctricos onde están os paneis solares do Ceao tras certificar o fracaso desta zona

By 23 Xullo, 2021Infraestruturas

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP constaron esta mañá en comisión como a zona de enerxías renovables do Ceao, que se instalou en 2007, so estivo en funcionamento de 2014 a 2017 e sempre gastou máis enerxía da que produciu

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo seguen a convidar ao goberno local a aproveitar a zona que ocupa o parque de enerxías alternativas do Ceao e insiste en que se estude a posibilidade de crear neste espazo unha zona útil como un punto de recarga de vehículos eléctricos, un espazo para aparcar, ou zona de esparexemento.

Os concelleiros populares recordan esta proposta despois de coñecer hoxe na comisión que o goberno local xa leva gastados neste punto ms dun millón de euros dende que se instalou no ano 2007. A isto se engade que este parque de enerxías alternativas só estivo en funcionamento dende 2014 a 2017, tempo no que foi totalmente deficitario xa que consumiu máis enerxía da que produciu, “polo que podemos asegurar que é totalmente deficitario e un novo experimento fallido do PSOE”.

Para os concelleiros populares a improvisación dos socialistas, sempre coa complicidade dos concelleiros do BNG, está a pasar “unha factura desmedida” ás arcas municipais, xa que hoxe quedou claro que neste punto se gastou preto dun millón de euros “e non se sabe para que se instalou nin para que funcinou”.

Agora o goberno local está a estudar posibles novos usos para esta infraestrutura, pero o único que está claro e que, “sexa cal sexa o seu novo uso, haberá que desmantelar o que alí se pode ver a día de hoxe”.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular reiteran as propostas xa realizadas previamente: que se estude a posibilidade de crear neste espazo unha infraestrutura útil para o polígono como podería ser un punto de recarga de vehículos eléctricos, un espazo para aparcar, ou zona de esparexemento, sempre adaptando o chan á normativa existente.

Dende o Grupo Popular razoase esta proposta indicando como “neste momento nin se pode gozar deste espazo como zona verde, nin se pode aproveitar a infraestrutura que o PSOE montou hai 14 anos coa idea de fomentar o uso de enerxías alternativas pero que, a todas luces, foi un auténtico fracaso”.

Leave a Reply

3 × 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies