Urbanismo

O PP: “grazas ao interventor e ao Consello Consultivo paralizouse un convenio urbanístico negociado por Besteiro e executado por Méndez no Garañón”

By 21 Decembro, 2021Sin comentarios

Os populares desvelaron que a xunta de goberno da semana pasada declarou “nula, de pleno dereito, unha cesión de terreos municipais en Sanfiz co anterior propietario do García Portela en compensación pola perda de edificabilidade deste solar, subliñando que “este pacto de hai 20 anos de Besteiro executouno, incumprindo a lei, Lara Méndez o 16 de setembro de 2020”

O Partido Popular acusa á alcaldesa de Lugo de intentar ocultar a paralización dun convenio urbanístico pactado hai 20 anos polo que foi o seu mentor político e que ela tentou executar septembro de 2020, día no que se celebrou unha xunta de goberno na que “se acorda a cesión de terreos municipais en Sanfiz a un promotor sen ningún tipo de informe e valoración económina, prescindido total e absolutamente do procedemento legal establecido”.

Segundo explicou o vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide “grazas a un informe do interventor municipal, avalado polo Consello Consultivo da Xunta de Galicia, paralizouse o intento da alcaldesa de Lugo de materializar  un dos convenios urbanísticos negociados no ano 2001 polo señor Besteiro, cando era concelleiro de urbanismo en Lugo”.

Ameijide explica que Lara Méndez coa complicidade dos seus socios do BNG intentaron en xunta de goberno celebrada o 16 de setembro de 2020 executar “a permuta duns solares municipais a un promotor lucense, expropietario dos terreos do Garañón, para que edifique neles en contraprestación pola edificabilidade que perdeu cando se decidiu manter o edificio do Sanatorio Portela”.

Os populares rexeitaron e cuestionaron “dende o minuto un a legalidade” desta operación urbanística xa que “carecía de informes técnicos, non había valoración económica nin cálculos do aproveitamento da parcela que se quería entregar”. Ameijide lembrou que socialistas e nacionalistas “adoptaron unha decisión política avalada cos seus votos nun pleno celebrado no ano 2001, e que posteriormente ratificaron en varias xuntas de goberno”. Este convenio co constructor recoñecía a cesión a este promotor unha parcela edificable de 1.200 m2 en Sanfiz.

Os populares tamén expresaron o seu temor polos perxuizos da paralización deste convenio urbanístico no entorno do Garañón preguntándose “cal vai ser o custe de anular este pacto entre o PSOE e o promotor”.

“É moi preocupante esta nova: primeiro, porque confirma que continuamos coas prácticas do caciquismo moderno e do urbanismo á carta implantado por Besteiro hai vinte anos cando era concelleiro de urbanismo, un modelo que segue implantado hoxe en día pola alcaldesa. En segundo lugar,  porque segue subindo a factura que teremos que pagar todos os lucenses como consecuencia dos chanchullos do convenios oscuros negociados por Besteiro e as licenzas ilegais dadas polo PSOE en Lugo”. “Podemos estar diante do segundo capítulo do Garañón, cando todavía non pagamos o primeiro pola licenza ilegal do PSOE” concluía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies